PDF

Ver la portada de hoy

de actualidad
Juan Manuel Santos J.M. Santos
MAR 
Votacion: 
No hay votos
1

"As carrachentas viñan de Vilalba e bañábanse na pedra dos Castelos"

Día Mundial dos Océanos

Nas Catedrais (Ramil)..

Nas Catedrais (Ramil)..

As festas do mar, na honra da Virxe do Carme, empezounas meu tío Ferreiro a principios da década dos 50 e trouxera ao capitán de Marina de Ferrol para organizalas. Nacéralle unha filla e ofreceu facer unha festa do Carme dedicada ao mar e foi o que pediu de baixar a Virxe desde a igrexa da Vila do Medio, a única que existía por aquel entón. As celebracións do Carme uníronse ás de San Xoán.

Gloria González Niñe / Burela

Eu atreveríame a dicir que somos pioneiros na pesca do bacallau porque culturalmente o bacallau descúbrese en augas do norte cando os pescadores de baleas foron seguindo a estas que se aillaban, que se separaban cada vez máis da costa. Entón todo o mundo sabe que San Ciprián e toda esta zona da costa foron pescadores de baleas a principios de siglo. Daquela é posible que non soamente os vascos chegaran ao norte, senón tamén xente desta zona.

José Pino / Celeiro

Me gustaba ir a los tres astilleros que había por entonces en el pueblo y ver cómo se hacían los barcos; desde la colocación de la quilla hasta el final, con la botadura. Una vez ya en el puerto, seguían con el resto del equipado; los motores, los palos y el resto del barco. Debo decir de los astilleros, que eran muy famosos en toda la Mariña, no paraban de trabajar.

Jesús Maldonado / Foz

Lembramos nós, que daquela andabamos na escola, como saiamos correndo para ir a xogar ás chapas á praia e o sitio preferido era a ‘bola da calamina’, que tapabamos con area e faciamos camiños para ir subindo coas chapas

Manuel Barro Quelle / San Ciprián / Cervo

Jesús Nécega Gallo construíu o barco máis grande do mundo autorizado por lei feito en madeira, o seu estaleiro era o único autorizado para facer barcos de máis de 60 toneladas en madeira, e para facer ese empregáronse 214 toneladas, aínda que tamén houbo sobrante.

Xesús do Breogán / Foz

Comecei a traballar un martes santo, viñemos co barco cargado de budións e obtivemos unhas 15.000 pesetas, que ao troco actual serían uns 3.000 euros, aproximadamente. Desde entón, sempre que estreamos lancha facémolo os martes. A primeira vez saíunos ben, e o que funciona non se toca.

Ramiro Chaves, Piru / Cervo

Pescábamos los famosos aguillolos, longueirós o navajas. Íbamos con las varillas de los paraguas y los sacábamos uno a uno. También aprendí a pescar al curricán. Yo recuerdo hacer muchas cosas con las uñas de los percebes y de los aguillolos.

Alejandro Amieiro / Ribadeo

Andar en el chalano era ideal. Tenías que aprender a remar, pero los marineros los tenían muy limpios y les molestaba mucho que anduviésemos sobre ellos porque los llenábamos de arena. Cuando venía el dueño y te veía remando, te decía: «Ven». Te cogía y te tiraba al agua. No para ahogarte, porque te daba el agua por aquí, pero llegabas empapado a casa y esto lo hacíamos todos. Aprendíamos a remar con cualquier chalano y luego con los botes de los barcos, que era mayores, íbamos hasta el río de lavar.

Fernando Pardo Gómez / Cervo

Ibamos a los berberechos con un sachito para coger un cubo. Los cocíamos en una plancha. Era cosa de los que no tenían para ir a la plaza, ¿y cuánto cuesta hoy un kilo de berberechos?

Emilia Martínez Grela / Cee

Nos acercamos a Rinlo, ese diminuto puerto que parece el escenario de una novela de mar bretona o noruega. ¿De dónde vendrá ese nombre de Rinlo? Dicen que esa comarca fue poblada por marineros vascos. ¿Quién nos daría la etimología de ese topónimo?

Ánxel Fole / Ribadeo

As carrachentas viñan de Vilalba e bañábanse na pedra dos Castelos. Sentáronse enriba cubertas cun mantelo negro. Pero debéronse durmir, que subiu a marea e non podían pasar. E sacounas Paco de Cabaleiro ás costas. Isto sería no ano 63 ou 64.

María Lorenzo Lorenzo / Viveiro

Tamén me entretiña moito ver pescar na ponte a un pescador de cana que se puña a carranchapernas nun dos rompeolas. Cando botaba unha cullerada do prebe que tina nun bote acudían os muxes aló embaixo a buligar e se algún picaba no anzol era de ver coma colandreaba ata que o desenganchaba o pescador e o metía no saqueto.

Luis Tobío / Viveiro

Desde o momento que aparece o tren Coruña-Madrid, Viveiro énchese de turistas. De Baamonde a Viveiro viñan en carros de cabalos. Tardaban 8 ou 10 horas en chegar. Eran familias de Lugo ou de Madrid. É o momento anterior ao deseño da ‘Memoria descriptiva del proyecto de la ciudad veraniega de Covas’, de José Antonio Pernas Peón, o avó de Ramón Pernas, unha especie de cidade liñal, que é unha pena porque se frustra. Covas foi o glamour de Viveiro. Primeiro contrúense casas e logo os primeiros hoteis, como o Venecia de 1911, chamado así porque a Viveiro se lle coñecía como A Venecia Chiquita, porque o mar daba ás antigas murallas.

Carlos Francisco Nuevo Cal / Viveiro

Recuerdo con especial nostalgia aquellas vacaciones de los 70 en Lugo, en casa de mi abuela. Pasada la noche de San Juan en Coruña, mis padres nos mandaban para Lugo a mi hermano y a mí a pasar tres meses que para mí eran especiales. Aquel piso de la calle San Froilán lo recuerdo perfectamente y lo añoro, tal y como era, aquellos suelos de madera, las baldositas de la cocina, las habitaciones italianas y la vista a la muralla y a la huerta de Esperanza.

Alfonso González López / Lugo

A partir dos catorce anos, as miñas vacacións comecei a pasalas na antiga Casa da Taberna Nova (Pacios - Begonte), onde hoxe vive a miña afillada coa súa familia. Daquela época recordo con ledicia os contactos que mantiña cos meus tíos e curmáns de Baamonde: os Blanco e os Lamela.

José Manuel Blanco Pardo / Begonte

Despois, cando xa fomos un pouco máis grandes iamos a todas as praias. Tanto nos daba que estiveran os veraneantes como que non, porque aí si que había un pouco de separatismo. A praia que hoxe chamamos do Torno, antes era a praia da Concha. Logo estaba o Torno, que só é na desembocadura da ría, o Miramar, o tostadeiro. E despois do tostadeiro, a praia de Cubelas, e a Caosa. No Caosa é onde os nenos de pobo nos comezabamos a bañar. Despois si que nos mesturabamos cos turistas. Pero nun principio, non.

Antonia Casas Baltar / San Ciprián / Cervo

Antoloxía da Memoria de Lugo. El Progreso: luns, mércores e sábados. Telelugo: martes, ás 22.00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.

imagen de usuario
Manuel Paz domingo 21 de junio de 2015, 21:37
1

As" CARRACHENTAS " , supongo que se referirá a las señoras mayores da TERRA CHA que iban a los baños , debido a sus precarias economías llevaban las viandas de sus casas y con ello mantenían las famélica casas como la de Dña Maria Lorenzo Lorenzo. Un carrachento.