de actualidad
El torero Sebastián Palomo Linares en 2010 Palomo Linares
NACEMENTO (I) 
Votacion: 
No hay votos
Lugo 0

"Cada terra ten ese aroma peculiar que aspiramos ao nacer e queda ancorado para sempre"

Primeiras comuñóns en Roupar (Xermade).

Primeiras comuñóns en Roupar (Xermade).

Nací en Xermade en el año 1902, y fui criada por una familia en As Pontes. Estuve allí hasta los 14 años. Después me vine para O Pedreiro en Xermade, y pasé aquí 3 años, hasta que me fui a vivir al Sixto. Tiempo después empecé a trabajar como criada en casa de una familia de labradores de Miraz, en donde me quedaba también a dormir. Trabajaba allí todo el día.

Manuela Carballo Solmo / Xermade

Nací en el año 1952 en Vigo. Cuando tenía 2 años llegué a Xermade. Mi padre era de Muras y mi madre de Roupar. Vinimos a parar a Roupar de Abaixo, en donde estudié mis primeros años en la escuela de A Criba. Por aquel entonces había muchísimos niños y niñas en la parroquia de Roupar. Hice la enseñanza primaria allí. Luego estudié en Lugo, en el colegio Eijo Garay y acabé el bachiller en el Instituto Pardo Bazán de As Pontes

Tomás Rodríguez Arias / Xermade

Nacín en Vilalba. Alí pasei a nenez. Fun á Academia Colexio Santa María. Despois viñen ao Instituto Masculino de Lugo a facer o Bacharelato, que foi a primeira toma de contacto con Lugo.

Xosé Luis Novo Cazón / Vilalba

Nacín en Riopedroso, Laxe, en Chantada. Alí estou animicamente ata hoxe e realmente ata os dez anos. Despois marcho ao seminario e regreso á aldea aos quince. Despois volvo marchar aos 18.

Afonso Eiré López / Riopedroso / Laxe / Chantada

Eu tiven a dita de ver a luz no Courel, unha bisbarra situada no sureste de Lugo, coma cada quen tivo a sorte de nacer no lugar que a deusa Fortuna lle dispuxo; o mesmo dá vir ao mundo nun sitio ou noutro, porque cada terra ten ese aroma peculiar que aspiramos no momento de nacer e queda ancorado para sempre no máis profundo do noso ser, é coma un cordón umbilical que nos mantén unidos coa terra nai. Quizais ese primeiro alento que recibimos da terra ten en Galicia un algo especial. Non o sei.

Vicente Touzón / O Courel

Nací en el Sanatorio del Centro Gallego en la Habana, Cuba. Casi, casi territorio gallego en el extranjero. Mis padres, emigrantes gallegos, eran Manuel Cancio, da casa do Roxo de Piegalvo, Santa Apolonia, y mi madre, Soledad Ginzo, tambien de la casa do Roxo, pero de Santestebo. Mi abuelo materno Antonio Ginzo era cartero de varios pueblos del entorno y el paterno, Ramon Cancio, era zapatero, por cierto muy hábil en su oficio.

Ramón Cancio Ginzo /A Pontenova

Nací en Vilameá, donde mis padres, Enrique y María, también nacidos allí, fueron maestros durante muchos años. La nuestra era la vieja casa escuela, situada en A Picota. No confundir con la posterior casa escuela, junto a la iglesia, a la que nos hemos mudado, creo recordar, hacia finales de los años cincuenta.

Enrique Muruais García / A Pontenova

Nazo no Val do Mao, no Incio, onde aínda sigo vencellada. Ata os 9 anos vivo alí. A esa idade vin para Lugo para comenzar o Bacharelato. A partir de alí foi un ir e vir do Val do Mao a Lugo. Aquí para estudar. E alí, para os veráns. De feito hai uns anos fixen unha casiña alí para seguir indo e ter un punto de referencia.

Tareixa Campo / O Incio

Nacín en As Petas, en Silvela, do concello de Friol. Vivín alí tres anos, porque logo vin a vivir a Carballo cuns familiares, xa que miña nai casou aos vinte e trés anos e quedou viúva aos vinte e sete con dous fillos. Meu irmán morreu case ao nacer e como tiña que dedicarse a traballar eu quedei cuns familiares en Carballo. Cristina Trashorras paraba na casa dos meus parentes cando era mestra en Friol.

Remedios López Villar / Silvela / Friol

Me defino como «de Cazás», soy un hombre nacido en Cazás y que ahora estoy en Santiago porque me gusta la investigación, la profesión que tengo, dedicarme al estudio de Historia. También me defino como gallego, pero no de forma excluyente, es decir, no solo gallego. Tenemos muchas identidades, no una sola. Una persona comprometida con la tierra en la que está.

Ramón Villares / Xermade

Nacín o 13 de novembro de 1962 e son o último nado no vello Portomarín. O feito de nacer nunha vila que despois desapareceu, pareceume nalgún momento unha marca interesante na miña traxectoria persoal; de feito, naquela época fixeran unha reportaxe sobre min nunha revista. Sen embargo, hoxe en día paréceme un detalle máis ben anecdótico. O meu bautizo foi nun barracón improvisado no medio da vila, porque daquela xa estaban trasladando as igrexas para o novo asentamento. Colocouse un altar nun solar e o cura oficiou alí mesmo a misa.

Luis Vázquez Carballido / Portomarín

Nacín, como o resto dos meus irmáns, detrás dunha barra, na que meu pai atendía o bar mentres miña nai e miña tía encargábanse da cociña, dando fama á cociña tradicional que tanto entón como agora impera en O Almacén de Cervo, onde o segredo seguen sendo os produtos locais e o lume lento, e onde sempre se pode atopar un caldo galego.

Nando Blas Fontán / Cervo

Nacín en Tarragona, cidade a onde meu avó paterno, que era de Nois (Foz) e militar, foi destinado. Meus pais tamén naceron nesa cidade.

Xavier Rodriguez Baixeiras / Nois / Foz

Castro de Rei-Terrachá: 1951. Tres irmáns, dúas irmás, a tía Matilde, a tía Pepita, a tía Marita, miña nai Amparo -todas cubanas de nacenza- e meu pai, empregado do Concello e de Esquerda Republicana, como moitos funcionarios públicos. Por este toque de roxos, eu e meus irmáns iamos a unha escola rural, fóra da vila, porque na vila os mestres eran rigurosamente falanxistas. Entre outras avantaxes, a escola de Barxa era mixta.

Margarita Ledo Andión / Castro de Rei

Eu nacín un chuvioso día de Todos os Santos, asistida a miña nai por don Sergio, Nieves de Germán e miña tía Concha, na miña casa da Pontenova, coñecida por Casa de Pedro Factor, traballo que realizou o meu avó durante varios anos na estación do tren.

Ramón Pedro Díaz López / A Pontenova

Nacín no Mazo do Castelo, o 1 de julio de 1945, na casa de Gallo. Son fillo de María de Gallo, tendeira. Vendíase de todo. Meu pai foi Suso de Miguel, practicante, ao que destituíran primeiro e imos dicir que houbo de deixar a súa profesión e acabou emigrando a Venezuela, onde morreu na compaña de seus irmáns, Mary e Jaime.

Miguel Sampedro Gallo / A Pontenova

Nazo na parroquia de Hermunde, concello de Pol. Vivo alí permanentemente ata os dez anos, cando veño a Lugo a estudar no Seminario. E paso alí todos os períodos de vacacións. Aínda hoxe teño unha relación directa con este lugar porque alí teño a casa onde nacín e alí vive case habitualmente unha irmá. As visitas son moi frecuentes e moi pracenteiras.

José Antonio Labrada Losada / Pol

Nacín, ou nacéronme, no amencer do 7 de xaneiro do ano 1913. ¿Para que agachar a data do meu nacemento? Enrellado xa no mundo, o primeiro que sentín foi a man de miña nai. Era o primoxénito. Fun o agasallo que, cun algo de demoranza, recibiron meus pais na noite de Reís.

Francisco Fernández del Riego / Vilanova de Lourenzá

Antoloxía da Memoria de Lugo: El Progreso: luns, mércores e sábados. TeleLugo: martes, ás 22.00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.