Carlos Oroza centra a edición de Táboa Redonda deste domingo

"En el norte hay un mar que es más alto que el cielo", escribiu o poeta
Carlos Oroza. NELSON VILLALOBOS
photo_camera Carlos Oroza. NELSON VILLALOBOS

"En el norte hay un mar que es más alto que el cielo", escribiu Carlos Oroza, finado a semana pasada. Ramón Rozas glosa a súa figura nunha reportaxe, que vai seguida dunha entrevista que Belén López fixo ao poeta en 2013 e dun artigo no que Jaureguizar se refire ao poeta como un dos fugados da cultura galega.

Os atentados de París cadraron a Javier Nogueira coa lectura de La Ilustración de Padgen.

Portorosa confesa a nostalxia de cousas que nunca gozou nin gozará a respecto de On the road, de Jack Keourac.

A representación de O principio de Arquímedes por Teatro do Atlántico convenceu a Camilo Franco, como lle aconteceu a Quinito Mourelle co talento interpretativo para a música da nena Alma Deutscher.

Comentarios