O belo mártir

Este é un adianto dos contidos que atoparás no Táboa Redonda deste domingo

O escritor Yukio Mishima converteuse nunha personaxe teatral con principio, nó e desenlace. Revisamos a súa figura co gallo de publicarse ‘Últimas conversaciones con Yukio Mishima’. A crónica de Jaureguizar mestura a lectura da novela ‘Vestidos de noche’, de Mishima, cun camareiro papal de Ribadeo e un documental sobre a banda Joy Division  O teatro ten continuidade cunha reflexión de Camilo Franco arredor de titiriteiros encarcerados. Ramón Rozas escribe sobre outra polémica, a que rodea a película ‘Spotlight’ polos casos de abusos sexuais no ámbito relixioso. Quinito Mourelle cóntanos o paso de Franz Lizst por Nova York  e Javier Nogueira analiza un compendio de socioloxía de Jared Diamond.

Comentarios