O ano prodixioso

O ano 1941 resultou prodixioso nos estudos cinematográficos de Hollywood. María Valcárcel explica as coincidencias que deron en que aparecesen cinco grandes películas: Ciudadano Kane, ¡Que verde era mi valle!, Bola de fuego, Sospecha e La loba. Foron grandes historias, como a historia de amor que conta Nacho Mojón, como o secuestro do que se ocupa o libro que comenta Javier Nogueira ou como a pistola do tío de Jaureguizar. Camilo Franco ocúpase do estado no que sobrevive danza contemporánea galega e Ramón Rozas, do novo poemario de María do Cebreiro. Portorosa propón evitar a desconfianza cara aos outros. Antonio Costa recorda un encontro co escritor do realismo sucio cubano, Pedro Juan Gutiérrez.

Comentarios