O mito renóvase

Os superheroes saltan do cómic ao cinema con máis forza ca nunca. María Valcárcel explica o fenómeno partindo da estrea de Capitán América. Civil war. Javier Nogueira tamén atende ao mito a respecto do anuncio que fixera Francis Fukuyama de que a historia se estabilizaba. O erro rectificouno nun ensaio sobre a evolución do poder político. Camilo Franco escribe sobre a axitación que promove Angélica Liddell no teatro. Quinito Mourelle interésase polo pioneiro da aviación Santos Dumont. Ramón Rozas dedica a súa atención ao centenario do escritor Manuel Loureiro Rey. Nacho Mojón busca o ser violento que hai no seu interior e Portorosa, o neno que foi. Jaureguizar lembra ao editor Sabino Torres con foto de J. Cervera.

Comentarios