TEST INCONVENIENTE. Núñez Feijóo: "Non quixen irme no peor momento político deste país"

O presidente da Xunta respondeu ás preguntas máis curiosas
Alberto Núñez Feijóo
photo_camera Alberto Núñez Feijóo

En que momento tería deixado a política sen mirar atrás?

Valorei esa opción hai uns meses porque daba por cumprido o meu compromiso de presidir Galicia dúas lexislaturas, pero non quixen facelo no peor momento político que recordo no meu país.

Acabe a frase: "Podo prometer e prometo...".

Que traballarei ata o último alento para que Galicia manteña a estabilidade e a cordialidade que hoxe nos distingue do resto de España e para que sigamos sendo esa excepción.

Promesa
"Traballlarei ata o último alento pola estabilidade de Galicia"

Intentaron regalarlle un Rolex e unha mariscada ou a vostede nin un reloxo de plástico e un pincho de tortilla?

Ninguén na Xunta pode aceptar regalos de máis de 90 euros.

Tivo algunha vez problemas para chegar a fin de mes?

Cando meu pai quedou en paro, a situación familiar foi máis complexa. Tiven que deixar as oposicións e poñerme a traballar. 

Que faría se mañá lle tocase unha cantidade indecente de cartos no Euromillón?

Prefiro non dedicarlle moito tempo ás cousas que son imposibles, porque non xogo.

Se puidera cambiar algunha cousa no mundo instantaneamente, que elixiría?

A ameaza da pobreza, que sega a vida de tantas persoas en tantos sitios e dunha forma tan atroz.

Desexo
"Acabar coa pobreza, que sega a vida de tanta xente"

Cando foi a última vez que pensou "terra, trágame"?

Nalgunha entrevista con preguntas deste tipo.

A quen confía os seus segredos?

Iso tamén é un segredo.

Que asignatura se lle daba moi ben e cal moi mal?

Dábanseme ben case todas. Regular Matemáticas e a peor, Debuxo. Deus non o chamou polo camiño... O camiño da vida monacal resultaríame certamente difícil porque onde máis me gusta estar é coa xente.

Cal é o mellor momento do día?

Cando esperto nos días en que teño tempo para facelo con calma, porque son moi poucos.

Familia
"Cando quedou meu pai no paro traballei e deixei as oposicións"

Que cousa o saca de quicio?

Nos últimos tempos, teño que recoñecer que me cabrea a frivolidade coa que se están tratando os asuntos que afectan a todos.

Cando senta a comer coa súa familia, prohíbenlle falar de política?

Non, prohibición expresa non. Pero si percibo que incorporan rápido ás conversas outros temas.

Guardiola motivaba o Barça con Coldplay. Que canción escoita na ducha cando necesita virse arriba?

Na ducha escoito os informativos e iso ás veces espértate de golpe. Agora toca escoitar a sintonía de campaña de Los Limones, En Galicia si. Recoméndolla.

Cal é o seu principal defecto?

Repróchanme con frecuencia que non desconecto de correos e móbil. E, entre nós, levan razón.


Gustos
"Escoito a sintonía de campaña de Los Limones. Recoméndolla"

Con quen lle gustaría pasar unha longa sobremesa facendo ‘tormenta de ideas’?

Con calquera persoa de ben que queira dar ideas a favor de Galicia.

Cite un político que admire e que non sexa do seu partido e diga por que.

Admiro indistintamente a todos os políticos que fixeron posible a Transición porque todos eles tiveron a xenerosidade necesaria para facer coincidir nun consenso puntos de vistas diversos.

Cando cre que está xustificado mentir?

Nunca.

Se puidera prescindir de dar entrevistas, faríao?

Sendo responsable público, non. Ademais, resulta gratificante.

Comentarios