A Pontenova xunta 60 anticuarios e artesáns e propón unha ruta en moto

Entre os días 8 e 11, a Praza dos Fornos vai bulir cunha feria internacional que se reinventa
Artesáns xunto a Darío Campos e Francisco Martínez, na presentación da feira pontenovesa
photo_camera Artesáns xunto a Darío Campos e Francisco Martínez, na presentación da feira pontenovesa

Dez anos é unha cifra redonda e son precisamente os que cumpre a Feria de Artesanía e Antigüidades pontenovesa. Parar dar a coñecer o evento, que se vai desenvolver na ponte da Inmaculada, do 8 ao 11 de decembro na Praza dos Fornos, o presidente da Deputación e alcalde pontenovés, Darío Campos, e o principal promotor da cita, o tenente de alcaldía, Francisco Martínez, presentaron oficialmente en Lugo a actividade. A exposición é xa internacional e a ela acoden 60 profesionais de Francia, Portugal, así como de lugares de toda España, coma Huesca, Lérida ou Madrid, e por suposto da provincia lucense.

Celebrarase a primeira ruta da moto antiga, nomeadamente de Vespa, o vindeiro sábado día 10 e nela participarán dez pilotos que manterán expostos estes vehículos antigos na praza da vila.

E entre outras das principais novidades, reputados expertos amosarán anovadoras técnicas sobre a transformación do moble, coas que conseguen pezas únicas, mesmo empregando as técnicas da tatuaxe. Terá lugar a mañá do sábado; ao mesmo tempo, continúan as demostracións en vivo de oficios tradicionais.


As exhibicións dos labores en forxa ou no tear, así coma a exposición de motos antigas, animarán a cita, á que se entra gratis

Varios profesionais ensinarán o sábado a aplicar técnicas anovadoras para decorar mobles, mesmo usando as tatuaxes


Cecilia Carballo amosará o traballo co seu tear; José María Rodil, a escultura en madeira e en forxa; Aurora Rodil ensina os seus encaixes de bolillos e as súas pinturas en tea; Michelle Pío, os seus traballos en tea e ganchillo e Luísa Martínez, as técnicas para facer cestos de mimbre.

A Deputación aporta 4.000 euros para axudar ao Concello a levar a cabo esta feira na que a Fundación de Tecnoloxías da Información e Comunicación (Tic) traerá un proxecto: o Banco de Memoria Dixital que serve para que os propios veciños conten o que significou o sector das antigüidades para a comarca da Mariña. A esta vila acodían noutrora anticuarios de toda Europa na procura de pezas rústicas especiais.

Campos lembrou que a feira chegou contar coa participación de máis de 8.000 persoas, polo que supón "un grande revulsivo para A Pontenova e para A Mariña" e agradeceu á colaboración do Concello de Pol por prestar a gran carpa na que se instalan os 30 anticuarios —os outros 30 artesáns ocupan a casa pontenovesa de cultura—.

Para quen vaia de visita, os establecementos da localidade ofrecen menús con prezos vantaxosos de 15 euros. A entrada é gratuíta e a cita comeza o xoves ás catro da tarde, pero o resto das xornadas abre de once a nove da noite.

As exhibicións dos labores en forxa ou no tear, así coma a exposición de motos antigas, animarán a cita, á que se entra gratis Varios profesionais ensinarán o sábado a aplicar técnicas anovadoras para decorar mobles, mesmo usando as tatuaxes

Comentarios