FÚTBOL

El Lugo, colíder tras ganar al Alcorcón (0-1)

de actualidad
Michel Salgado Míchel Salgado
 
Votacion: 
5 (3 votos)
Sociedad | Galicia 3

Guitián, sobre o cartel do Entroido da Coruña: "Non se pode ser máis papista que o Papa"

O debuxante lucense asegura que se "sacou de contexto porque os pés do personaxe son de choqueiro".

O debuxante Alberto Guitián. AEP

O debuxante Alberto Guitián. AEP

O debuxante lucense Alberto Guitián cre que "non se pode ser máis papista que o Papa" en resposta á polémica que se levantou por un cartel de Entroido que fixo para o Concello da Coruña. Xerou protestas do arcebispado de Santiago e do Partido Popular, e unha recollida de sinaturas da Asociación Española de Abogados Cristianos e de Hazte Oír para esixir a retirada do cartel e as desculpas dos representantes municipais. 

O ilustrador explica que a imaxe "non representa un papa, senón unha persoa disfrazada de papa", cun nariz vermello, e que carga cun papamóvil de cartón e unha copa na man. Guitián asegura que se "sacou de contexto, porque, se se fixan nos pés do personaxe, verán que son pés de choqueiro". 

Os choqueiros son os personaxes populares do Entroido coruñés, "aos que o Concello quixo dedicarlles este ano a festa", asegura o debuxante lucense. Dous choqueiros figuran na serie de carteis na que se integra o que foi polémico. "Hai dous choqueiros –un vestido de militar e outro de aristócrata–, e un personaxe disfrazado de rei e outro de papa", explica Guitián, que di sentirse "como se vivise unha película de Berlanga". 

O arcebispado compostelán considera que a ilustración de Alberto Guitián "puede implicar una burla a las creencias de miles de coruñeses", un argumento que respaldou a deputada do Partido Popular no Parlamento galego Paula Prado, que entende que é "una falta de respeto a muchos ciudadanos con una burla clara hacia Benedicto XVI".

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.

imagen de usuario
Nikolak sábado 18 de febrero de 2017, 20:36
3

¿Tendria los mismos c..... de hacer lo mismo con la imagen de Alá, Mahoma,. Jomeini.....? Seguro que no, porque esta gente solo lo hace con quien sabe que no toma represalias. ¿Se acuerdan de Salman Rushdien? autor de Los versos satanicos. Jomeini daba 3 millones de recompensa a quien lo matara. Por eso no se meten con el Islam pero sí con los catolicos.

imagen de usuario
artista viernes 17 de febrero de 2017, 15:41
2

Que gran debuxo,piudoche acabar descansada a neurona Menuda porqueria,vaia truño,libertad expresión amigo

imagen de usuario
Laranxeiro jueves 16 de febrero de 2017, 19:33
1

Guitiån ten razón en moitas cousas, non en todas.Bo tipo, ensinoume moito para chegar a escola de Arte.