A Xunta cede a Mondoñedo un inmoble para divulgar sobre a arquitectura local

Está previsto que se promovan axudas en materia de rehabilitación nas vivendas da vila
Núñez Feijóo y Elena Candia
photo_camera Núñez Feijóo y Elena Candia

O Consello da Xunta acordou este xoves a cesión ao Concello de Mondoñedo dun inmoble para a súa recuperación. Está previsto que o edificio acolla un centro de divulgación da arquitectura local e de programas de axudas en materia de rehabilitación de vivendas na vila.

O Instituto Galego de Vivenda e Solo era o propietario do inmoble situado na rúa Matadoiro, número 1. No espazo tamén se promoverán actuacións de rehabilitación de vivendas, mellora de calidade das edificacións e formación de técnicos e axentes do sector.

A cesión enmárcase dentro do Programa Rexurbe, que promove a recuperación dos cascos históricos das vilas e cidades galegas.

Comentarios