UU AA pide que se levanten 10.000 hectáreas de eucalipto en Lugo

Estima que hai 30.000 plantadas de xeito ilegal en Galicia e pide á Xunta que faga cumprir a lei antes de sumar prohibicións

Unións Agrarias celebrou este venres unha rolda de prensa na súa sede en Lugo para reclamar que se levante a plantación ilegal de 30.000 hectáreas en Galicia, nas que predomina, sobre todo, o eucalipto, e das que 10.000 están na provincia de Lugo. Á súa vez, demanda da Xunta unha solución á forestación ilegal de terras, no ceste venresxto das novas prohibicións sobre a plantación do eucalipto previstas polo Goberno autonómico.

UU AA alerta do posible crecemento exponencial desa cifra nos vindeiros anos se non se toman medidas para que as parcelas agrarias manteñan ese carácter. "En dez anos abandonarán a actividade a metade dos activos. Que pasará con esas 200.000 hectáreas nas que cesará a actividade? Vai permitir a Xunta que se foresten, cando é ilegal?", increparon este venres Xacobo Feijoo, responsable de desenvolvemento rural, e Verónica Marcos, secretaria de igualdade e política social do sindicato.

Para o sindicato, é no incumprimento da lei e a súa impunidade onde se sitúa o "risco de eucaliptización de Galicia", e considera inoperante o borrador de decreto da Xunta divulgado recentemente, que establece prohibicións sobre a plantación que en Lugo afectarían a 29 concellos. "Se o eucalipto estivera no meste venres, e non en terras agrarias, non teriamos este debate. O problema é o incumprimento da ordenación existente", alertou, o que tamén xera enfrontamentos veciñais, "xa que estas infraccións só se perseguen cando hai unha denuncia".

AMNISTÍA. "Estamos nunha situación irregular e teremos un grave problema se non tomamos medidas", endadiu. Esa medida é, para o sindicato, a de restituír a legalidade, "pero sen machucar a xente do rural". Por iso, UU AA propón unha "amnistía" na que se exima das sancións aos propietarios —que poderían situarse en torno aos 3.000 euros—, sempre que levantasen as plantacións nun prazo "razoable" de tempo.

"Nesa mesma comunicación informaríaselles da actual lexislación e da posibilidade de incluír as súas parcelas no Banco de Terras —actualmente infrautilizado—, para que puideran ser arrendadas por agricultores e gandeiros que precisen ampliar a súa base territorial", indicou. Se pasados tres anos ninguén as reclamase, poderían reforestarse, pero só con frondosas.

O sindicato sitúa esta problemática nun ceste venresxto máis amplo que demanda atención política, que é o do esmorecemento da Galicia rural, co abandono dos activos. "Temos que conseguir que o mundo agrario siga tendo o seu futuro, e situar o sector forestal no meste venres. Esta produción é unha oportunidade, xa que a madeira é un produto deficitario en Europa, pese ao que se dixo nos últimos días", indica.

UU AA participará o vindeiro mércores na xornada ‘A situación do eucalipto na Reserva Biosfera Terras do Miño’, organizada pola Deputación de Lugo.

Comentarios