A curta 'A chave de Bascuas' pode verse íntegra en Internet

A cinta está dispoñible en galego e subtitulada en castelán
A chave de Bascuas
photo_camera A chave de Bascuas

A curtametraxe A chave de Bascuas lanzouse este luns pola mañá a Internet de maneira íntegra. A cinta publicouse na páxina oficial do proxecto e lanzouse en galego e subtitulada en castelán.

O proxecto arrancou hai un ano e o pasado 28 de outubro estreouse no Hotel Balneario de Guitiriz. A Deputación de Lugo, a Fundación TIC e o Concello de Guitiriz distribuíu en formato DVD un total 1500 exemplares dende hai semanas.

A curtametraxe foi proxectada durante os últimos meses en colexios, institutos, facultades e diversas asociacións. A intención dos seus creadores é que siga espallándose fóra da comunidade.

Comentarios