Detido tras roubar unha carteira en Lugo e ser atrapado pola dona na rúa

Deulle alcance no Parque da Milagrosa ► A billeteira contaba con 300 euros en efectivo

Un home foi detido este sábado logo de entrar nunha vivenda, substraer unha carteira con 300 euros e ser interceptado na rúa pola propietaria.

Os feitos tiveron lugar na tarde de este sábado, cando —segundo informou o portavoz da Policía Local— o home accedeu á vivenda sen permiso dos seus donos e colleu a billeteira. Foi visto pola dona cando botou a correr e seguido por ela, o seu fillo e un veciño. Déronlle alcance no Parque da Milagrosa, onde se trasladou a Policía Local para levalo a comisaría.

A Policía Local non quixo especificar onde se atopa a vivenda na que se produciu a substracción.

Comentarios