Falece o empresario soberino Belarmino Fernández Iglesias

Foi o promotor da escola de hostalería que leva o seu nome ► Con 20 anos emigrara a Brasil, onde creou un imperio da restauración
Belarmino Fernández Iglesias
photo_camera Belarmino Fernández Iglesias

O empresario Belarmino Fernández Iglesias, nacido en Rosende (Sober) en 1931 e promotor da Escola de Hostalería que leva o seu nome, acaba de falecer.

Con 20 anos emigrou a Brasil onde creou un imperio baseado na restauración que extendeu por varios países iberoamicanos e que ahora xestiona o seu fillo dende Madrid. Precisamente a escola que fundou, sita na parroquia de Rosende, celebraba este ano os 20 anos de vida. Neste tempo formou máis de 500 alumnos.

Comentarios