La CE cree que las medidas para la polilla "dificilmente lograrán erradicar" la plaga

A eurodeputada Lídia Senra infromou de que un informe sinala que o protocolo adoptado en España só conterá "a propagación" deste mal da pataca
Patatas
photo_camera Patatas

Diso informou este mércores a eurodeputada galega Lídia Senra, do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea, que rexistrou en abril –xunto á asturiana Ángela Vallina– un escrito dirixido á CE no que se denunciaba que as medidas adoptadas polo Estado non logran atallar esta praga, que apareceu en 1999 en Canarias, ata alcanzar Galicia e Asturias.

Así, a Comisión informa de que "levou a cabo unha inspección en España co fin de avaliar a situación e a eficacia dos controis oficiais da loita contra a 'Tecia solanivora' en Galicia e Asturias", e "os resultados da inspección poñen de manifesto que as medidas adoptadas dificilmente lograrán erradicar a praga", senón tan só "conter a súa propagación".

Respecto diso, a CE explica que desde 2016 vixía a situación, "en particular, o éxito das medidas e a evolución da praga", polo que, "en función dos resultados, a Comisión Europea, en consulta cos Estados membros, podería considerar a adopción de medidas de emerxencia da UE".

Pola súa banda, a eurodeputada galega tacha de "grave" a "incompetencia" do Goberno español e a Xunta para afrontar a praga da pataca, dado que foi localizada por primeira vez no Concello de Neda en 2015, "e actualmente xa se estende por como mínimo 31 municipios galegos e sete asturianos".

Sobre este extremo, Senra insta á Comisión Europea a que "debería pór en marcha desde xa medidas para previr a aparición de novas pragas e enfermidades, pondo o límite á circulación masiva de produtos e facendo controis exhaustivos dos produtos de importación".

Comentarios