de actualidad
Núñez Feijóo Es Actualidad Núñez Feijóo
 
Votacion: 
4.8 (4 votos)
1

Expertos en patrimonio piden para Os Ancares un plan de xestión integral

Pedro de Llano, Felipe Arias e Javier Castroviejo abriron o curso de verán da USC en Piornedo

Pedro de Llano e Javier Castroviejo, este xoves en Piornedo. PABLO DEL LLANO

Pedro de Llano e Javier Castroviejo, este xoves en Piornedo. PABLO DEL LLANO

Expertos en patrimonio material e natural participaron este xoves na xornada inaugural do curso de verán que a Universidade de Santiago de Compostela (USC) celebra en Piornedo (Cervantes) e fixeron un chamamento ás administracións para poñer en marcha un plan de "rehabilitación integrada" que atenda á conservación dos Ancares desde todos os ámbitos económicos, sociais e patrimoniais.

O curso, baixo o título 'Biodiversidade e patrimonio nos Ancares lucenses: pasado, presente e perspectivas de futuro', estudará durante catro días distintas propostas para promover o desenvolvemento socioeconómico dos territorios da montaña lucense.

Observación de estrelas

A xornada inaugural rematou cunha observación do ceo dos Ancares, dirixida por Manuel Andrade. 

Na xornada deste venres o programa continúa cun percorrido polo camiño entre Piornedo e Vilarello e ponencias sobre cortíns e apicultura tradicional, odonatos e morcegos. Entre lusco e fusco, os asistentes poderán participar nunha captura de morcegos con rede para observalos de cerca, dirixida por Roberto Hermida. 

Fin de semana

O sábado, Xabier Moure guiará un percorrido polo bosque de Suárbol e Moreira, con visita aos gravados rupestres de Poso e Pando. Pola tarde haberá relatorios sobre os recursos da montaña, o monte en man común e un obradoiro de música popular. 

O domingo falarase do lobo e da súa convivencia co home, e haberá unha mesa redonda para analizar as perspectivas de futuro para a diversidade e o patrimonio dos Ancares.

Consigue la información completa

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.

imagen de usuario
ESTEBAN domingo 23 de julio de 2017, 20:59
1

grandes historiadores de javier crastoviejo gran persoeiro