de actualidad
foto Ignacio González
 
Votacion: 
5 (2 votos)
Sociedad 1

Conexión coas orixes

Francisco Riquelme, afincado en Australia, voltou a Galicia para visitar a terra natal da súa familia materna, en Castroverde. Quedou namorado do lugar e decidiu establecerse temporalmente na terra dos seus devanceiros e comezar a estudar a súa lingua

Francisco e Sandra Riquelme, en Santiago de Compostela.

Francisco e Sandra Riquelme, en Santiago de Compostela.

Francisco Riquelme tivo que emigrar a Australia cos seus pais en 1962, con tan só nove anos, e alí viviu toda a súa vida. Agora, xa xubilado, voltou a Galicia para conectar coas súas orixes, nas terras de Castroverde, e coñecer algo máis do lugar onde naceu e viviu a súa familia materna.

Os seus pais, galega ela e madrileño el, coñecéronse en Madrid, onde ambos traballaban. Cando Riquelme era pequeno, o seu pai traballaba xunto ao seu tío nun taller. "Mi tío era el propietario del taller y mi padre trabajaba para él", lembra. Pero un día enfadáronse "hasta tal punto que no se podían ver uno delante del otro" e o pai marchou do taller. Ese mesmo día, o proxenitor de Riquelme atopouse cun amigo seu que era taxista. Ambos estaban anoxados co seu traballo, "se marcharon de tapas" e comezaron a planear un cambio de rumbo nas súas vidas.

O taxista comentoulle dun amigo seu que traballaba na embaixada australiana en Madrid e, como quería marchar de España "sí o sí", aceptou ir velo. Pouco despois "estábamos empaquetando lo poco que nos llevábamos" para marchar a Australia, cando Riquelme tiña só nove anos.

Entre as poucas cousas coas que marchou a familia Riquelme para Australia estaban as ferramentas de carpinteiro do seu pai, coas que comezou a gañar a vida ao outro lado do mundo. En dous anos conseguiran aforrar o suficiente para pensar en comprar unha casa, "era algo nuevo para nosotros, porque en España nunca habíamos tenido la oportunidad de tener un piso propio", recorda Riquelme.

En canto as cousas comezaron a mellorar para eles, Riquelme e a súa familia empezaron a organizar unhas vacacións a Castroverde, lugar de orixe da súa nai, para pasar parte do verán na casa dos seus avós. Co paso dos anos repetiron esas vacacións e Riquelme gardou consigo moi boas lembranzas destas visitas a Galicia. "Uno de los mejores recuerdos que tengo es cuando mi abuelo acomodaba el carro con paja para llevarnos hasta el lugar donde paraba el bús que nos llevaba a Madrid", cidade desde onde collían o avión de volta cara a Australia.

Riquelme creceu e comezou a vivir a súa vida ao completo en Sidney, deixando un tanto de lado as súas visitas a Galicia. En Sidney é onde comeza a traballar ligado ao sector da metalurxia e do aceiro, no que prosperou, para rematar traballando nunha das firmas líder desa industria, BHP Billiton.

En Australia coñeceu a súa muller, Sandra, unha enfermeira coa que se casou no ano 75 e coa que ten unha filla á que trouxo de vacacións nunha ocasión para "que conociera España" y "a la que le enseñé a hablar castellano".

Cando ambos, tanto Riquelme como a súa muller, se retiran, deciden voltar a Madrid para retomar contacto coa súa familia. É en Madrid onde lle notifican que o seu primo segue a vivir na casa familiar de Castroverde e decide ir aló para ver a súa familia materna de novo.

Ao volver a Galicia para ver o resto da familia, quedan namorados da terra de novo e deciden comprar unha casa onde pasar o verán, e así "evitar el invierno australiano". Logo de meditalo un tempo, decidiron comprar a casa en Santiago de Compostela "porque nos parece una ciudad preciosa, en la que no es necesario el coche y que, además, está a sólo una hora y media de Lugo".

Aproveitando a súa estadía en Galicia, participan no curso Galego sen Fronteiras da RAG para aprender o noso idioma


En Santiago viron a oportunidade de aumentar a súa vinculación con Galicia aprendendo o idioma propio grazas ao curso Galego sen Fronteiras que imparte a Real Academia Galega durante o verán, e que reúne a alumnos dunha vintena de países de todo o mundo. Grazas a este curso, Riquelme e máis a súa muller non só aprenden o idioma, senón que tamén coñecen algo máis da historia e do patrimonio galegos.

Aínda que levan moi pouco tempo estudando galego, "ya tenemos ojeados un par de cursos online para poder seguir estudiando durante el resto del año mientras estamos en Australia". Avanza tamén que teñen intención de matricularse o ano que vén no seguinte nivel do curso da Real Academia Galega para continuar a aprender o idioma dos seus avós, o cal, no pasado, só tivo a oportunidade de escoitar durante as súas vacacións.

Riquelme voltou a Galicia para coñecer máis a fondo as súas orixes e para poder ver parte da súa familia. Aínda que, de momento, só teñen pensado pasar dous ou tres meses aquí, "nos estamos planteando incluso venirnos a vivir definitivamente en el futuro", di el. Cando remate o verán, voltarán á súa residencia en Sidney e "intentaremos seguir estudiando con los cursos online. El problema es que allí no tenemos a nadie con quien hablar en gallego". Aínda así, Riquelme quere ensinarlle algo do idioma á súa filla, que "sólo ha venido una vez a Galicia", pero "intentaré convencerla en un futuro para que venga de vacaciones y llevarla a uno de los cursos para que conozca el idioma de su familia".

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.

imagen de usuario
moi interesante e conmovedor martes 18 de julio de 2017, 15:28
1

o peor do artigo é a mestura de galego e castelán. Polo resto está ben que se vexa que si:"Hai un galego na lúa". Boa idea compartir coas novas xeracións o patrimonio amado pola familia. mais é trite ter qu ir tan lonxe para ter perspectivas na vida.