A comedia madrigalesca de Adriano Banchieri chega ao Pazo de Vilane

O grupo Esencia Sonora interpretará 'Il Zabaione Musicale' o día 29

O Pazo de Vilane acollerá o sábado 29 de xullo a terceira edición de Concertos no pazo, coa actuación do grupo de música Esencia Sonora. A formación interpretará Il Zabaione Musicale, unha comedia madrigalesca publicada por Adriano Banchieri en 1604 e composta para cinco voces con acompañamento instrumental.

A peza está ambientada nun entorno pastoril cheo de humor, amor e outros condimentos ao gusto do Renacemento tardio e o primeiro Barroco.

O concerto terá lugar no pazo, ubicado en Antas de Ulla, ás 20.00 horas. A entrada é libre.

Comentarios