Rescatan con zódiac un home que se bañaba en Lóngara e alertan un kitesurfista británico

Por primeira vez no verán, todas as praias do concello de Ribadeo ondearon bandeira vermella este xoves

Os socorristas barreirenses, ao fronte dos cales se atopa esta tempada Borja Rocha, rescataron en torno ás seis e media da tarde deo xoves, un turista que se estaba a bañar 60 metros mar adentro na praia de Lóngara cando empezou a arrastralo a corrente. El solicitou axuda axiña, o que facilitou a rápida intervención dos efectivos que o subiron á zódiac. Todo quedou nun susto.

Aparte, o mércores á tarde, os socorristas non quixeron denunciar finalmente a un kitesurfista de orixe británico que se negaba a respectar o horario de práctica deportiva na praia de Coto, en todo caso máis recomendable despois das sete da tarde e antes das doce do mediodía tamén en Altar, aínda que segundo a ordenanza está totalmente prohibido a fin de salvagardar os bañistas.

AS CATEDRAIS . Antonte en As Catedrais os socorristas e o persoal de ambulancias asistiron unha turista que se estaba bañando. Algo picouna e causoulle unha reacción alérxica. Onte houbo por primeira vez no verán bandeira vermella en todas as praias do concello de Ribadeo.

No areal dos Campos de Tapia de Casariego tamén tiveron que rescatar este xoves catro rapaces dende a zódiac que sairon ilesos do incidente.

Comentarios