"Aprendín a ler en Bélxica, onde era raro o que non lía banda deseseñada"

A castroverdense Ana Cortés foi a gañadora do concurso de cómic promovido por El Progreso e o Eixo Atlántico
De esquerda a dereita, Vázquez Mao, Adao Silva, Ana Cortés e Norberto Fernández
photo_camera De esquerda a dereita, Vázquez Mao, Adao Silva, Ana Cortés e Norberto Fernández

A castroverdense Ana Cortés resultou gañadora do certame de tebeo que organizaron conxuntamente El Progreso e o Eixo Atlántico. Cortés, que traballa na hostalería acertou quen era o personaxe famoso que traballa como camareiro nunha escena de O báculo de Daghdha, o cómic de Norberto Fernández que se distribuíu o pasado día 8 de xullo con este diario.

Tanto a vencedora como o autor participaron este xoves na sede central de El Progreso en Lugo na entrega do recoceñemento, xunto co secretario do Eixo Atlántico, Xosé Vazquez Mao, e o debuxante portugués Adão Silva. O premio consistiu na realización dunha caricatura de Ana Cortés por parte de Silva.

A gañadora indicou que o personaxe popular que aparecía en O báculo de Daghdha -O caxado de Daghda, na súa versión portuguesa- era o futbolista Cristiano Ronaldo. "Eu non son moi afeccionada ao fútbol, pero despois recoñecino", indicou Cortés, que si é afeccionada ao tebeo. "Aprendín a ler en Bélxica, onde eran raro o que non lía banda deseñada", sinalou lembrando os dez primeiros anos da súa vida, que transcorreron en Amberes.

A tradición francobelga do tebeo xenerou o interese de Norberto Fernández dende a infancia. Unha das características que máis lle atrae é que as historias son lonas algo que el fixo "por primera vez" para esta obra, que está ambientada no Camiño Portugués a Santiago.

Xoán Vázquez Mao enmarcó esta iniciativa na preocupación do Eixo Atlántico pola cultura de Galicia e do norte de Portugal, que se aplica neste caso como unha iniciativa "dirixida aos mozos", ao que tratan de coidar con propostas de "música, internet e cómic, como é esta".

Comentarios