IMPORTANTE

Una española muere por disparos de la policía en una favela de Río de Janeiro

de actualidad
Jaime Cantizano Jaime Cantizano
 
Votacion: 
No hay votos
0

Fouces, torneiros e liño na feira dos bicos

Monterroso acolle a segunda edición deste festexo, no que se rememora a benvida aos emigrados nos anos 20

Un ferreiro traballando na súa fragua. VICTORIA RODRÍGUEZ

Un ferreiro traballando na súa fragua. VICTORIA RODRÍGUEZ

UNHA COPLA popular di "se ti viras o que eu vin/ alá arriba en Monterroso;/vintecinco xastres xuntos/ a cabalo dun raposo". E, aínda que a letra se refíre á Festa dos Santos do 1 de novembro, estes versos bautizaron a Asociación 25 Xastres que trouxo a década dos vinte á vila. Daquela, a inmigración era a despedida máis difícil, pero os monterrosinos preferían celebrar a benvida. Na feira en agosto, a praza cheábase de bicos e agarimos para recibir aos que unha vez marcharon.

Esta fermosa celebración, case un século máis tarde, creou un concepto: a Feira dos Bicos. Así o define Pablo (presidente da asociación) mentres Inma —tamén integrante de 25 Xastres— envolvíalle a cintura cun pano negro para rematar o seu look dos anos vinte.

Na praza monterrosina confluían as indumentarias de encaixes, borsalinos e chalecos, cos vaqueiros —e poida que cunha pamela ben ampla—, mentres contemplaban as mostras de oficios artesanais xa case extintos. 

O alcalde, Miguel Rico —caracterizado cun chaleco do que colgaba a cadea de ouro dun reloxo— vía no festexo que se celebrou onte unha oportunidade para mostrar os oficios tradicionais de Monterroso. Este ano, o protagonista foi o liño, pero tamén botaba en falta a construción de fouces pola sega ou a cestería. "Xa haberá tempo para a vixésima edición", decía rindo.

RECREACIÓNS. O pique do martelo sobre o xunque era a percusión constante no esceario. Unha mostra da fabricación dun cravo de Víctor Uriz, membro do Consejo del Hierro, que visitou a feira para difundir oficio. Ao carón, nunha manta vermella tiña extendidas fouces para a sega e feixes para a leña, os cales "gardaba na casa" e que trouxo por seren ferramentas representativas da actividade tradicional en Monterroso.

Nun recuncho, un rapaz nun torneiro comentaba o seu funcionamento mentres xiraba unha buxaina de madeira que limara. Como non había electricidade nas casas, cun pedal facía mover unha roda que por inercia xiraba o torno para limar a madeira e darlle forma.

Nunha carpa, as tecedoras da Asociación de Mulleres Rurais da Insua, traballaban a elaboración da lá e o liño. "Antes, as sabas, as colchas e a roupa interior facíanse co liño, e en todas as casas sabíase tecer. Dende fai 60 anos isto estase perdendo" apuntaba Eutimia (integrante da asociación) mentres xiraba as fibras do liño e con cuspe as ía ligando.

Oito mulleres traballaban dende a raspa do liño ata o seu tecido. Pero esta é a parte final, porque tamén se encargan da súa plantación, recolida e secado, unha tarefa que leva meses e precisa de moito coidado. Fai nove anos que crearon a asociación que expón o traballo que as súas nais e avoas lles ensinaron. E mentres traballaban, outras mulleres que observaban acercábanse fascinadas para preguntar polo proceso. Unha bonita difusión do que antes figuraba en cada casa.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.