de actualidad
Neymar Jr. Neymar
 
Votacion: 
5 (1 voto)
0

O programa das San Lucas inclúe este ano unha homenaxe a Pascual Veiga

As tradicionais festas mindonienses celebraranse entre o 17 e o 22 de outubro cun amplo programa de actividades no que se funden cultura, feira, festa, tradición, arte e historia

Feira de gando, na edición do ano pasado. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Feira de gando, na edición do ano pasado. JOSÉ Mª ÁLVEZ

O presidente da asociación organizadora das feiras e festas das San Lucas de Mondoñedo, Miguel Souto, adiantou este mércores unhas breves pinceladas do que será o programa deste ano e que inclúe unha homenaxe a Pascual Veiga. "Buscamos sempre poñer en valor o patrimonio cultural de Mondoñedo", dixo, "con este obxectivo e coindindo co centenario da homenaxe organizada a Pascual Veiga polas Irmandades da Fala da Coruña e polo coro Cántigas da Terra e máis da constitución das Irmandades de Mondoñedo o 22 de outubro de 1917, a asociación AS San Lucas ofrecerá un acto de homenaxe ao autor da música do himno de Galicia coa colaboración de Cántigas da Terra".

Este ano as feiras serán entre os días 17 e 22 de outubro e a organización está traballando nun amplo programa de actividades que funde cultura, feira, festa, tradición, arte e historia. Precisamente no ámbito cultural, tamén se fallará este ano unha nova edición dos premios Mondoñedo 10. Nesta edición premiarase á mellor obra de poesía.

Como non podía ser doutro xeito o cabalo é o gran epicentro destas festas. "Así e un ano máis dende 1156, o día grande, o día 18 de outubro, centos de reses chegadas de todo o noroeste peninsular danse cita na feira das San Lucas", afirma Souto, que adianta que se repartirán importantes premios. Ademais na véspera volve repetirse o paseo dos cabalos polas rúas de Mondoñedo. Ao igual que nas pasadas edicións, haberá unha pantalla xigante na Praza da Catedral a través da que se poderá ver en directo o proceso que seguen os gandeiros para reunir os animais e baixalos ata a feira. Tamén se celebrarán concursos morfolóxicos de cabalo galego e de andadura.

O programa das San Lucas complétase coas verbenas. Así, o día 17 actuarán Panorama e Grupo Beatriz; o 18, farano Palladium e Satélites; o 19 será a quenda de New York e Mirama; o 20 será o concerto da iniciativa Voces da Paula e poñerán música tamén Principal e Gran Parada; o 21 estarán D´Moda e Pontevedra e o 22, a orquestra Jerusalén.

O cartel, unha recreación do libro en honor a Xosé Vizoso

Miguel Souto tamén fixo público o mércores o que será o cartel anunciador das festas deste ano, que volve ser obra do autor mindoniense Xosé Vizoso. Nesta ocasión trátase dunha recreación da portada do libro editado este ano en homenaxe ao autor, que foi nomeado Fillo Predilecto da cidade de Mondoñedo.

Estilo
Vizoso ilustrou en numerosas ocasións os carteis das San Lucas "e co seu estilo inconfundible achegoulle unha imaxe facilmente identificable", asegurou Souto.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.