O Concurso de Redacción Mariña Folgueira de Reigosa fai entrega dos seus galardóns

Paula Parada Diéguez, Marcos Eiros Penedo, Ana Álvarez Amieiro e Sabrina Pérez López foron os estudantes gañadores desta terceira edición

A III Edición do Concurso de Redacción Xornalística Mariña Folgueira de Reigosa, organizado pola Asociación Sociocultural de Reigosa, que homenaxea á xornalista e veciña da parroquia do municipio de A Pastoriza, fixo entrega este mércores dos galardóns.

Paula Parada Diéguez, do CPI San Tomé do Carballo de Taboada, e Marcos Eiros Penedo, do Ceip O Salvador da Pastoriza, foron os dous estudantes de primaria premiados. Pola súa parte, no tocante a secundaria, foron destacadas as propostas de Ana Álvarez Amieiro, do Ies Plurilingüe Fontem Albei da Fonsagrada, e Sabrina Pérez López, do Ies A Pinguela de Monforte.

O acto contou coa presenza de todos os membros do xurado: Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; Xosé Ramón Pousa, decano da facultade de Ciencias da Comunicación da USC; Xosé Pereira, director do Departamento de Innovación e Negocio da CRTVG; Xosé Torres, crítico literario e tradutor no Parlamento de Galicia, e Xosé Rúas, escritor e profesor na Universidade de Vigo.

A cita contou coa música de Mini e Mero e a xornalista Alba Silva que recitou un poema de Celso Emilio Ferreiro.

Comentarios