Unha familia unida a través do tempo e do espazo

A familia Otero conseguiu reunir en Antas de Ulla preto de setenta parentes chegados de Sevilla, Barcelona, Madrid, Valencia, La Rioja e incluso de Bos Aires
Xuntanza familiar festexada en Somoza
photo_camera Xuntanza familiar festexada en Somoza

UNHA ALDEA pequeniña como é a de Somoza (Antas de Ulla), que conta con preto de trinta habitantes, de seguro que non agardaba poder ser o escenario dunha xuntanza familiar como a celebrada polos Otero a pasada fin de semana.

Un encontro que serviu para estender lazos de fraternidade entre xentes co apelido Otero procedentes de lugares como Barcelona, Madrid, Valencia, La Rioja e, incluso, de Bos Aires. Entre eles, Alfredo Otero, o presidente do Lar Gallego de Sevilla.

O certo é que algúns dos que aló se reuniron levaban 18 anos sen vistar Galiza e por iso houbo que festexalo ao grande; con baile, partido de voleibol e por suposto moita ledicia e saudade.

Así mesmo, tamén foi preciso erguer unha carpa, quen de dar cabida a tantas xeracións que comparten unha raigame común e se xuntaron grazas ao uso das novas tecnoloxías. Algo tan galego coma o polbo con cachelos non podría faltar no menú da xornada.

En definitiva, Somoza viviu unha festa que tivo de todo e a cal serviu para recuper o valor da familia nunha data que xa se arquiva de maneira especial no álbum da familia Otero.

Comentarios