Os clientes dun pub de Burela atraparon un home que fuxiu do negocio cun bolso roubado

Ao camareiro pareceulle velo marchar e varias persoas correron ata dar con el. Devolveu a bolsa pero puido quedar con 30 euros
Zona de O Campón de Burela onde aconteceu o roubo
photo_camera Zona de O Campón de Burela onde aconteceu o roubo

A rapidez coa que actuaron voluntariamente os clientes dun pub da localidade burelesa, a madrugada do pasado sábado, contribuíu a atrapar a un presunto ladrón. Unha clienta que estaba no local déuse de conta de que lle desaparecera o seu bolso. O camareiro creu ver a un mozo entrar e saír ao pouco rato e foi daquela, tras avertilo, cando un grupo de persoas saíron na súa busca pola rúa Marqués de Sargadelos. Localizárono, co obxecto roubado en cuestión, preto dun contenedor de lixo.

Mancomunidade
Terceira vez que rouban no bar dos comuneiros de Cangas de Foz. Pensan que é o mesmo ao que captou unha cámara hai meses 

A Garda Civil personóuse case ao instante no lugar porque previamente tiñan avisado tamén aos axentes. Segundo as testemuñas, o suposto ladrón devolveu o bolso aínda que sen os 30 euros que había no interior e sen as moedas soltas. A vítima do furto non botou en falta nada máis, xa que por exemplo recuperou o seu terminal de telefonía e outros artigos que levara consigo.

A Garda Civil imputará ao suposto autor coma investigado por un delito de furto. Aínda que a persoa afectada optara por non interpoñer unha denuncia, os axentes deben actuar de oficio nestes casos.

CANGAS DE FOZ. A cafetería do centro cívico da asociación de montes en man común de Cangas de Foz acaba de sufrir o seu terceiro roubo en pouco máis dun ano. Ademáis, sospeitan que o autor podería ser o mesmo que nas anteriores ocasións. A comezos deste ano, o sensor de movemento -que non é unha cámara de videovixiancia como tal- que os socios teñen instalado no local, captou a un home abrindo a caixa rexistradora e movendo a cafeteira que a punto estivo de se romper.

Reincidencia
Atribúenlle á mesma persoa o furto de 700 euros hai un ano e doutros 150 a comezos do presente. Esta vez non obtivo botín algún

Por non tratarse precisamente dunha cámara, os comuneiros non puideron identificar ao autor do roubo, aínda que na zona especúlase sobre quen podería ser.

«Gustaríanos ver quen é. Xa só faltaba que se tratara dun socio, sería o colmo, cousa que non cremos, pero todo é posible. Por iso quixéramos colocar unha cámara, para poder polo menos ver quen é o que nos está roubando», afirmaba onte a secretaria da mancomunidade, Laura Ribeira Balseiro.

Os comuneiros -a entidade conta con 200 asociados- mantiveron precisamente onte ao anoitecer un encontro no que falaron das posibles medidas a adoptar para evitar que se volvan rexistrar roubos nas súas instalacións.

«En principio a nosa intención é poñer una rexa na ventá pola que entraron nas tres ocasións, que é a que está na parte traseira do pavillón, xusto por onde non hai casas», señala Ribeira. Desta vez, o ladrón non levou nada. Saltou a alarma e iso puido asustalo. Os encargados do bar, para evitar o consabido problema, xa no deixan ni un só céntimo no establecemento: «Vese polo sensor que en canto viu que a caixa rexistradora estaba aberta, marchou rapidamente», matizan.

En Foz
Denuncian a sustración de 180 euros da cafetería dun hostal focense, a mañá do pasado sábado, despois de acceder por unha fiestra

Cren que se trata da mesma persoa porque nas tres ocasións entraron pola mesma fiestra; antes destrozábana, pero desta vez o ladrón apenas lle deu un golpe xusto onde está situada a manilla, «coma se coñecera perfectamente onde está todo», especulan.

O roubo do ano pasado ascendeu aos 700 euros. O de fai uns meses foi de pouco máis de 150 euros e nesta ocasión non se levaron nada e iso que puideron ter sustraído os máis de 800 euros da lotería que alí gardaban.

«Máis que os cartos en si, o que nos interesa é saber quen é. Logo está a molestia que ocasiona porque ao saltar a alarma de madrugada -pasada a unha da noite do luns-, os responsables do servizo chaman ao titular do colectivo. Se non o localizan, avisan á Garda Civil que tamén poden ir buscar á súa casa aos propietarios. E que te veñan buscar en plena noite ao domicilio asusta porque pensas que pode ser terlle ocurrido algo a alguén cercano», opinan.

Aparte, tamén entraron por unha fiestra no bar dun hostal de Foz de onde levaron unha cantidade aproximada de 180 euros.

Comentarios