ÚLTIMA HORA

Una mujer en Lugo fallece al precipitarse desde un cuarto cuando limpiaba las ventanas

de actualidad
Eva González Eva González
 
Votacion: 
5 (1 voto)
0

Paraíso natural cargado de historia

A parroquia vilalbesa de Samarugo atesoura un importante legado que permitiría contar a historia da Chaira, dende as mámoas do Monseivane ata a escola habaneira erguida polos emigrantes, pasando polo pazo de Samarugo

Galería Samarugo

Tranquilidade. Esta é a palabra que escollen os veciños da parroquia vilalbesa de Santiago de Samarugo cando se lles pregunta por como é vivir nun recuncho no que, a cada paso que un dá no seu mar de natureza, se empapa de historia e de tradición.

Percíbese dende os case mil metros de altitude do mirador de Monseivane, que ofrece unha panorámica maxestosa da esencia da Chaira, coas casas de Samarugo aos pés e, máis alá, Vilalba, Cospeito, A Pastoriza, As Pontes...

Alí, no alto, baixo a vixilancia dos voitres voando ao lonxe, paseando entre piñeiros silvestres e especies naturais protexidas, intuíndo a presenza de mámoas e petroglifos que traen á memoria tempos ancestrais, arroupado por vacas e cabalos pastando, calquera pode esquecerse do tempo no que vive, só constatado por un sen fin de muíños que se estende ata onde a vista alcanza.

As súas aspas móvense ao son dun vento que murmura relatos doutras épocas, daquelas xentes que, pedra por pedra, levaron a capela de San Xulián dende o alto ata O Bidueiro, ou dos antergos que seica percorrían o túnel que unía o 'castelo' (un foso no monte no que se conta que hai agochados marabillos tesouros aínda por atopar) co pazo dos señores de Samarugo.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.