ÚLTIMA HORA

Una mujer en Lugo fallece al precipitarse desde un cuarto cuando limpiaba las ventanas

de actualidad
Eva González Eva González
 
Votacion: 
5 (1 voto)
0

A Mariña recibe un aluvión de visitas na praia das Catedrais e na senda do Fuciño do Porco

No areal ribadense pódese superar o tope permitido porque ninguén controla o acceso

Visitantes este xoves no Fuciño do Porco, no Vicedo. MIGUEL ALBO

Visitantes este xoves no Fuciño do Porco, no Vicedo. MIGUEL ALBO

Os mariñáns quedaron este xoves abraiados, non só por gozar dunha especie de verán en pleno outono, algo pouco habitual, senón pola cantidade de visitantes que seguen chegando fóra da tempada alta. Na praia ribadense das Catedrais, onde xa por estas datas non hai persoal que controle o acceso, quizais se superou o tope de 4.812 persoas fixadas como máximo para un mesmo día, coa fin de preservar o enclave. Tamén o miradoiro vicedense do Fuciño do Porco rexistrou centos de camiñantes polas súas sendas.

"Dende as catro e media da tarde, o aluvión de turistas xa era impresionante, cos aparcadoiros cheos e a xente buscando onde aparcar", sinalaron este xoves os policía locais de Ribadeo ao pasar polo monumento natural. A Xunta contrata persoal –doce en total neste verán– para atender as visitas, vixiar que non haxa accidentes e controlar o acceso só na tempada alta, é dicir, de xullo a setembro e na Semana Santa. Pontes festivas de tanta afluencia coma esta sáense do previsto e agora é o Concello de Ribadeo quen asume este aluvión.

En Ribadeo: Non se prevé cobrar entrada no areal

A Xunta deu conta, en resposta a este xornal, do balance da tempada estival na praia das Catedrais; un reclamo turístico no que polo momento non se prevé cobrar por acceder, xa que por outra banda, como puntualiza o Goberno autonómico, pertence "ao dominio público marítimo-terrestre".

300.000 turistas
Esas foron as visitas á praia das Catedrais este verán. Un 70% eran españois —un 13% deles galegos— e o resto estranxeiros, sobre todo de Estados Unidos ou de Francia.

Consigue la información completa

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.