Prácticas para aprender a salvar vidas en cuestión de minutos

Un médico e un técnico de emerxencias sanitarias ensinaron a decenas de ponteses a realizar unha reanimación cardiopulmonar
Prácticas de RCP
photo_camera Prácticas de RCP

Decenas de persoas aprenderon onte nas Pontes que salvar vidas, ás veces, é só cuestión de minutos. Un médico e un técnico de emerxencias sanitarias desprazáronse ao auditorio Alovi para convertérense en intrutores nunhas clases de reanimación cardiopulmonar que promoveu o Concello pontés para celebrar o Día Europeo da RCP.

«A xente é moi participativa», explicaba Manuel Cabarcos, mentres el e María Jesús Castro ensinaban teoría e práctica a todo aquel disposto a aprender. «O obxectivo é que a poboación tome conciencia da importancia dos primeiros auxilios e que practique a RCP», indicou, ao tempo que recoñeceu que a maioría da xente tiña «coñecementos nulos» sobre o tema.

«A pregunta máis recorrente é se se pode facer dano coa RCP, e a resposta é rotundamente non. A nosa recomendación é sempre a mesma, que aprendan a recoñecer unha parada cardiorrespiratoria, que alerten a emerxencias e que inicien as manobras de RCP»,

«Parece más fácil de lo que es. Cuando lo ves no valoras el cansancio que supone», recoñecía unha das moitas persoas que pasaron polo Alovi ao longo da xornada. A próxima semana os instrutores acudirán aos colexios para ensinar primeiros auxilios a escolares de primaria e de secundaria.

Comentarios