SINISTRALIDADE
Un novo accidente laboral sáldase cun ferido en Pol
05/05/2008 - Ramudo (Lugo)
Un empregado da empresa Bloques Cando -con sede en Castro de Ribeiras do Lea- resultou ferido esta mañá ao caer dunha altura duns tres metros no lugar de Ventín, na parroquia de Silva -que pertence ao municipio lucense de Pol-.
Segundo fontes consultadas por AGN, o ferido é un traballador de 43 anos de idade, que responde ás iniciais G.F.V, empregado da citada empresa de materiais de construción . O sinistro produciuse sobre as once e vinte da mañá, cando por causas que aínda se descoñecen o operario precipitouse ao chan na obra na que traballaba.
Ata o lugar do accidente desprazouse unha ambulancia asitencial do 061, que evacuou ao ferido ao Hospital Xeral de Lugo. Segundo as primeiras informacións, o traballador estaba consciente e queixábase dunha forte dor nas costas. En principio, a falta dunha valoración médica, o seu estado non parecía grave.
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Interésanos a túa opinión, pero 'con sentidiño'. Nada de insultos nin descalificacións.
Borraranse todos os comentarios que, con criterio subxetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
E lembra, non lles deas de comer aos trolls...
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.





