Prevaricación toponímica

Datos de interés

  • Sábado 05.07.2008

DA CAPO

Prevaricación toponímica


Etiquetas: Ribadeo, toponimia, Eduardo Gutiérrez, Da capo

Eduardo Gutiérrez.

Comecemos por dar conta da nova, absolutamente espida ou o que é o mesmo en porrancho: o Concello de Castropol aprobou por unanimidade non utilizar o nome de Ría de Ribadeo para se referir ao estuario onde desemboca o rio Eo,  a pesar da decisión firme acordada polo Consello Superior Xeográfico. Ou sexa, que acaban de prevaricar, pois que se  adopta unha resolución a sabendas de que é ilegal. Iso aparte de tratarse dunha parvada que é no que soen acabar case todas as perrenchas. Quizais antes poderian alegar ignorancia ou dúbida, ao compás  da sonada aria de Calaf Il mio nome non sai, da grande ópera de Puccini, pero agora xa non é o caso pois que saben perfectamente cal é o termo legal. Con todo, quizais resulta ainda mais rechamante e pavero o manto baixo o que se acobillan: o informe, ou estudo, ou a aproximación, elaborada por un historiador da propia vecindade ... relativa, pois que é de As Figueiras o que significa que as relacións de boa veciñanza precisan da peneira dos matices intraterritoriais. Así que con esta referencia a tempos pretéritos, o pensamento racional está a piques de botar en falla a advertencia de ilegalidade, potestade que tiñan os secretarios dos concellos no antigo réxime mais imediato, cita por certo tan oportuna como o requerimento do concello de Castropol para a emisión do informe referido, absolutamente contraditorio coa Academia da Historia e mesmo coa casa da Súa Maxestade o Rei, que xa hai anos que instituiu o Marquesado da Ria de Ribadeo. O caso é que isto vai camiño de homologarse con aquela parroquia que perante a negativa do bispo a devolverlles o cura que querian, e que fora trasladado pola Súa Ilustrísima, ameazaron con facerse protestantes. O pertinente aquí seria converterse non só en republicanos senón dotarse dun tinte claramente anarquizante, ainda que non cadre moito con Castropol.

Non temos o gosto de coñecer na súa totalidade plenaria aos membros da corporación municipal do que antigamente se coñeceu por Reboredo, pero é de supoñer que non serán nen boy scouts nen flechas, nen sequer pelayos,  entregados a fervores patrióticos localistas en pantalón curto, pero o certo é que o disimulan cunha teimosía verdadeiramente abafante e por iso, xa postos nesta onda que coma todas vai e ven, agardamos pola sorte que poida acompañar o acordo, sendo que existen uns determinados mecanismos de control da legalidade que cremos residenciados no goberno autonómico, e que naturalmente poden ser urxidos no seu celo por moi diferentes órganos, comezando polos unipersoais como é o secretario do Concello de Castropol, polo alcalde de Ribadeo apremiado polo feito de que a burla da legalidade afecte ao nome do seu propio concello ou, xa postos, pola corporación municipal ribadense, que é de agardar que non precise de estímulos ou excitacións alleas para defender o propio nome dos veciños aos que representa.

Ás veces compre abanear a vara coa mesma eficacia  metafórica que en casuísticas cando menos tan irresolubles como a que nos ocupa. A ver se non hai que agardar os sete agardares.

07/05/2008

0'0 (0 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



1 comentario

comentarios_interesa guía de comentarios.


#1 Por SEito 09-05-2008 15:43

Normal

Primeiro renegaron da Lingoa Galega,chamandolle "A Fala" cando viron que habia postos publicos co da sua Lingoa ,pois segun eles,non e Bable,feito que se puido ver cando sairon Plazas pro Ensino do Bable e houbo xente que non se puido presentar.Son así , pois e a unica Provincia , que ten Oriente e Occidente .
Eche unha terra moi "sismoloxicamente" activa , e sempre se inventan o Enemigo:GALICIA.
Iso sí , LUGO Capital , etn esquecida a Zona , e así vai o chollo , por Asturias .


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Buscar + información sobre






Publi


El Progreso
Rúa Ribadeo s/n, Lugo · Tlfno: 982 29 81 00
Grupo El Progreso