Galiza ecolóxica

Datos de interés

  • Viernes 16.05.2008

ALICERCE

Galiza ecolóxica


Etiquetas: agricultura ecológica, Ana Bravo, Alicerce

Ana Bravo.

Nestes últimos meses sufrimos o aumento escandaloso na cesta da compra, froito máis ben da especulación que da suba real dos custos de produción dos alimentos. Esta semana tocoulle ao arroz. O caso é que nunca custou tanto comer en proporción ao soldo, que non subiu na mesma escala.

Se a cousa non pinta ben para o consumidor, aínda lle vai peor ao produtor. A crise agraria coma consecuencia do envellecemento e perda de poboación nas aldeas, xunto coa suba das sementes, fertilizantes, gasoil, pensos, etc, nótase especialmente en Galiza, ao seren un país eminentemente agrario. Porén cómpre facer fronte á realidade de que o modelo da produción agraria industrial dos últimos cincuenta anos está esgotado. Algúns miran ao cultivo de plantas transxénicas como a solución para incrementar a produción; de feito Monsanto e Pioneer, as dúas grandes multinacionais do sector, andan rematando as probas co millo transxénico en Lalín, Dubra e Castro de Rei.

Eu non dubido que noutras partes do mundo sexa unha solución sostíbel, pero non sería un modelo axeitado para Galiza. É tempo xa de mudar o conto e abandonar a explotación abusiva da terra mediante o labor e aplicación de fertilizantes, herbicidas e insecticidas químicos, maila contaminación das augas cos puriños da produción gandeira.

A agricultura ecolóxica, a diferencia da produción agraria industrial, mantén a biodiversidade de plantas e animais autóctonos adaptados ao seu entorno; ten pouca inversión inicial e pouca dependencia de enerxía, créditos ou recursos externos; fomenta as relacións persoais estábeis do produtor coa comunidade e mantén un contacto máis directo cos consumidores para produciren aquello que eles máis valoran; axuda a fixar poboación no rural xa que necesita máis man de obra e, talvez o máis importante, traballa en harmonía coa natureza. Temos produtos galegos de calidade, viños, vacún, porco, lácteos, patacas, moi ben valorados no mercado, que aínda serían máis prezados co selo ecolóxico. Sería benvida a maior investigación para ampliar ao máximo a variedade destes produtos. Un reto, por exemplo, para o Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo, o Cetal, que aínda ten por desenvolver obxectivos a curto prazo.

O goberno galego ten que promover o uso limpo da terra, ten tamén que insistir na educación ambiental levando ás escolas a cultura de respecto á natureza, e ten que favorecer a explotación ecolóxica da terra por diante da explotación industrial. Porque a agricultura e gandería ecolóxicas son a mellor aposta na conservación dos nosos espazos naturais e a nosa paisaxe rural ao mesmo tempo que garante a seguridade e calidade dos alimentos e o benestar animal. O paradoxo é que subvenciónase a explotación industrial da terra e non a ecolóxica, porén os prezos de venda dos produtos ecolóxicos son moi altos.

Como consumidora pido que a política mude en beneficio de todos. A situación idílica dunha Galiza cento por cento ecolóxica non soamente repercutiría na maior calidade da gastronomía e a paisaxe senón que serviría de chamada para un turismo tamén de máis calidade. Mans á obra logo!

09/05/2008

0'0 (0 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Buscar + información sobre





Publi


El Progreso
Rúa Ribadeo s/n, Lugo · Tlfno: 982 29 81 00
Grupo El Progreso