Un bo alcalde

Datos de interés

  • Viernes 16.05.2008

REBULIR

Un bo alcalde


Etiquetas: Rebulir, Jesús Varela-Zapata, Londres

Jesús Varela-Zapata.

Londres atópase a menos de dúas horas en avión desde Galicia; supón un verdadeiro privilexio ter voos directos cunha das grandes metrópolis do mundo. Este status de Londres non é novo xa que foi o centro político, económico e cultural desde as orixes da nación na Idade Media. Por outra banda, coa conformación do Imperio Británico, a capital chegou a ser o verdadeiro centro do mundo, ao gobernar remotos destinos desde Canadá ata Australia, pasando polo Caribe, África e Asia. Hoxe en día, perdeu esta importancia política pero mantén a súa categoría de centro turístico, cultural e financeiro de primeira orde.

Por iso resulta estraño que a primeira ministra Margaret Thatcher decidise un bo día suprimir a alcaldía da cidade. Para evitar a rivalidade que supuña esta institución para o seu propio goberno dividiu a urbe en distritos e dotounos de municipios separados. Anos máis tarde, Blair restituíu aquel concello. Convocadas as eleccións, ningún dos grandes partidos, conservador ou laborista, conseguiu facerse coa alcaldía. Fíxoo un personaxe peculiar, Ken Livingstone, veterano militante de esquerdas que non foi aceptado nas listas do seu partido, o laborista, por un Blair medorento do seu carácter estrafalario e, probablemente, do seu potencial carismático.

Logo de dous mandatos, Red Ken devolveu a Londres o seu perdido esplendor. Tomou decisións valentes, inéditas no mundo, como é a taxa por circular en coche polo centro da cidade. Con iso, conseguiu alixeirar o tránsito de vehículos (mellorando tamén o medio ambiente) obtendo fondos para un transporte público que parecía ancorado nos tempos da Guerra Mundial. Hoxe Londres é unha cidade dinámica na que millonarios de todo o mundo fixan a súa residencia. Ao seu favor, está unha envexable dotación cultural e unha animadísima vida social, ademais do seu idioma universal.

Por outra banda está o seu carácter multicultural, xa que probablemente só Nova York ten unha diversidade tan grande de razas e culturas convivindo. Pero ademais, Londres, cos seus oito millóns de habitantes (máis que varios países europeos, e case catro
veces a poboación de Galicia) é na actualidade unha cidade bastante cómoda e humana, especialmente polas enormes extensións de cuidadísimos parques e xardíns.

Neste contexto, podería parecer que o alcalde Livingstone non debería ter problemas para a súa reelección e, con todo, acaba de perder as eleccións. O seu retorno ao partido laborista resultou pouco proveitoso, pois foi arrastrado polo declive dos seus dirixentes. Desde que Blair se embarcou na guerra de Iraq todo foron infortunios para este grupo político; o seu sucesor Brown non soubo deter a impopularidade e con iso propiciouse a caída dun gran alcalde.

Que lle bote a culpa ás malas compañías.

11/05/2008

0'0 (0 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Buscar + información sobre





Publi


El Progreso
Rúa Ribadeo s/n, Lugo · Tlfno: 982 29 81 00
Grupo El Progreso