Xa nin París...

Datos de interés

  • Domingo 12.10.2008

AUGA LIZGAIRA

Xa nin París...


Etiquetas: Francia, Paco Martín, Auga Lizgaira

Paco Martín.

AQUÍ houbo un tempo no que todo aquilo que non cheiraba a bravío ou presentaba o tacto áspero da pana de rego gordo tiña por forza que vir de París. A moda, os perfumes, un curioso xeito de cociñar, os libros que publicaba El Ruedo Ibérico, as rapazas que poñían biquini na praia, o cine que se dicía de autor, as noticias sobre vangardas artísticas, as fotos de Simone de Beauvoir e Sartre, os panfletos do PCE e máis a tradución do libro vermello de Mao, as cancións de Juliette Gréco e as de Léo Ferré —tamén as de Jacques Brel, e mesmo as de Paco Ibáñez—, os aires supostamente refrescantes de democracia e liberdade que daquela parte debían soprar, o noveau roman, os adoquíns do sesenta e oito, por baixo dos que, de acordo co que hoxe tantos repiten con Sarkozy, non era certo que estivese a area da praia... Mesmo os nenos viñan de París. E todo canto de alí chegaba —menos os dos cativos, supoño— era sempre perverso ós ollos de quenes estaban encargados de reparar das nosas almas —e parte dos nosos corpos—, até o punto de que nin o propio De Gaulle conseguía librar por enteiro do anatema. O pecado tiña chantado o seu trono en París, advertían desde todas as tribunas posibles, e os perigos eran tantos que, como non podía ser doutra maneira, unha visita á capital de Francia acabou por se converter no soño máis recorrente para unha ou dúas xeracións de españois.

Pero, e sen lle sacar importancia a todo o antes dito, o que daquelas terras viña e de máis popularidade gozaba eran determinadas revistas ilustradas, que ían pasando de man en man e das que ninguén sabía cal fora a súa orixe primeira. Gracias a elas, e sen necesidade de aprender a ler o francés, chegaba un a saber das intimidades de Brigitte Bardot —e das de varias ducias de rapazas máis, tan abondosas en fermosura como escasas de indumentaria— coidadosamente impresas en color sobre papel cuché.

Despois chegou aquí o que se coñeceu como a apertura e, canda ela, o chamado destape, que entrou con tanta forza que o das revistas parisienses foi quedar en pecadiño venial, dos que se podían despachar cunha sinxela Avemaría. E foron caendo os mitos. Mesmo é posible escoitar á actual madame Sarkozy cantando aquilo de:

Quand je pense à Fernande
je bande, je bande

do mismísimo Georges Brassens, e para saír retratada en coiro nunha revista de ampla tiraxe, non son precisos máis méritos que os que orixina o feito de chegar a sobriña dun cardeal.

Polo que se ve, nin Ingrid Bergman, nin Humphrey Bogart nin ningún de nós, estamos xa en condición de seguir pensando que aínda nos queda París.

12/05/2008

0'0 (0 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Buscar + información sobre





Publi


El Progreso
Rúa Ribadeo s/n, Lugo · Tlfno: 982 29 81 00
Grupo El Progreso