As percepcións desproporcionadas e a crise financeira

Datos de interés

  • Viernes 08.08.2008

As percepcións desproporcionadas e a crise financeira


Etiquetas: Francisco Sineiro, salarios, crisis

Francisco Sineiro.

O pasado 18 de marzo escribía en El Progreso sobre “As percepcións desproporcionadas” cobradas por algúns membros dos consellos de administración e dos altos executivos das grandes empresas. A desproporción destas cantidades era tan evidente que nalgúns casos equivalían a máis de 1.000 veces o salario medio.

Na denuncia desta situación utilizaba só razóns éticas e morais para estas remuneracións sen límite cando ao mesmo tempo invítase aos traballadores á ter unha moderación salarial. Este debate estase a ampliar e reforzar agora con outros argumentos adicionais.

Esta semana os ministros de Economía da zona euro van analizar este asunto con argumentos políticos e financeiros.

Van estudar os posibles efectos perversos de vincular os pluses percibidos polos executivos aos rendementos a curto prazo e os seus efectos sobre o  aumento dos riscos da inestabilidade financeira internacional.

Estes pluses dos altos executivos son cobrados baixo diversas formas, ligados aos beneficios como os bonos, a compra de accións en condicións privilexiadas (stock options) ou como indemnizacións millonarias no caso de cesamento por contratos blindados.

En xeral estaban en función dos beneficios a curto prazo e poden ter contribuído a ter tomado riscos desproporcionados por unha persecución da rendibilidade a curto prazo e ter afectado ao agravamento da actual crise financeira internacional.

Os documentos preparatorios da xuntanza do Eurogrupo presentan como alternativa a esta situación a vinculación dos beneficios a outros criterios de mais longo prazo, como son a estabilidade do emprego, os investimentos en investigación, desenvolvemento e innovación e o respecto do medio ambiente. Estes indicadores deberían ser incluídos nas memorias das contas das empresas.

Ademais, nalgúns países comézase a discutir a adopción doutras medidas sobre estas percepcións desproporcionadas, como pode ser o establecemento dun gravame especial polos bonos que superen un volume anual elevado.

Benvidas, pois, estas iniciativas que poden axudar a limitar estes excesos nas retribucións dos altos executivos, pois unha cousa son as retribucións elevadas, pero razoables, como compensación á súa competencia e especial responsabilidade, e outra ben diferente estes excesos denunciables, non só desde un punto de vista ético, senón tamén con repercusións na crise   financeira actual, nacida precisamente de excesos na toma de riscos.

13/05/2008

5'0 (1 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Redes

Buscar + información sobre





Publi


El Progreso
Rúa Ribadeo s/n, Lugo · Tlfno: 982 29 81 00
Grupo El Progreso