La agenda cultural para este fin de semana

CONCERTOS
> Waterboys
Única actuación en Galicia da mítica banda británica autora da famosa canción The whole of the moon. Mañá a partir das 21.00 h. no Pazo da Cultura.

VIGO / FERROL
> Novedades Carminha + Christ Divides
A banda interpretará temas do seu último traballo, Jódete y baila. Hoxe ás 23.30 h. en La Iguana Club. Mañá ás 22.30 h. na sala Super 8.

VIGO

> Corizonas
O grupo resultante da unión de Arizonba Baby e Los Coronas presenta o seu primeiro álbum co novo nome. Hoxe ás 22.30 h. en Mondo Club.

SANTIAGO
> The Boys + Keltoi!
A banda só ofrecerá dous concertos en España, un deles será na capital galega. Mañá ás 22.30 h. na sala Moon.

VIGO
> Abraham Boba
O músico vigués ofrecerá este concerto antes de pecharse e illarse do mundo para preparar a continuación do seu aclamado Los días del desierto. Mañá ás 23.30 h. no Auditorio do
Concello.

VIGO
> Darmo + Anumbis Metal Jack
Rap a cargo deste músico madrileño. Mañá ás 23.30 h. en La Iguana Club.

VIGO
> Kokoshca + Franc3s
A banda de Pamplona compartirá o escenario da sala Playmóvil co trío galego. Mañá ás
23.00 h.

SANTIAGO

> Jero Romero
O ex de The Sunday Drivers presenta o seu primeiro disco en solitario: Cabeza de león. Mañá ás 21.30 h. na sala Capitol.

A CORUÑA
> Coa Túa Propia Banda
O trío Vaamonde, Lamas e Romero sorprende cunha proposta orixinal e divertida. Hoxe ás 20.30 h. no Teatro Rosalía de Castro.

LUGO

> Foxy Freire
A banda mestura o rock dos 70 cun son máis actual. Hoxe ás 23.30 h. no Clavicémbalo.

OURENSE
> Quempallou
Vellas novas é o título do seu novo traballo discográfico. Hoxe a partir das 21.30 h. no Café Cultural Auriense.

LUGO

> Lulú & Los Caníbales
Divertida mestura de voodoo rockabilly con garage punk. Mañá ás 00.00 h. no Doble Moral.

SANTIAGO
> Maika Makovski + Dani Poveda
Unhas das artistas máis aclamadas do panorama rock nacional chega á capital para presentar o seu quinto álbum de estudio Thank you for the boots. actuará hoxe ás 21.00 h. no Teatro
Principal.

OURENSE
> Yomelo Montosolo
Con este concerto o cantautor ourensán comeza a súa xira para presentar o seu traballo Burgas queen. Hoxe ás 00.00 h. no pub Badulake.

VIGO

> Disco Las Palmeras!
Proposta que mestura o noise, o space rock e o punk. Hoxe ás 22.30 h. en La Fábrica de Chocolate.

A CORUÑA

> Fados de Lisboa
Concerto de Gonçalo Guerreiro. Domingo ás 21.00 h. no Bâbâ Bar.

SADA
> Rock in Braña
Primeira edición deste festival, coas actuacións de Richi García, Capitán Morgan, 4r Hesus Monkeys, Doctor Snob, Los Santos e o Dj Susete Deluxe. Sábado ás 22.30 h. na discoteca Grecos.

TEATRO E DANZA
A CORUÑA
> Pá cama
Historia para durmir dirixidas aos máis pequenos. Mañá ás 19.00 h. e domingo ás 12.30 h. e ás 19.00 h. no Teatro del Andamio.

FERROL

> Rosas Negras
Flamenco ao redor do drama da violencia de xénero. Hoxe ás 20.30 h. no Teatro Jofre.

A CORUÑA
> Tres no bambán
Tres homes coinciden nunha casa e cada un pensa que é un sitio diferente, pero todo cambia cando chega a muller da limpeza. Hoxe ás 20.30 h. no Forum Metropolitano.

VIGO
> Oiseau rebelle
Obra que fala dos paxaros rebeldes. Hoxe ás 21.00 h. no Auditorio Municipal.

LUGO
> Menciñeiros
Volta e dálle presenta esta peza baseada na obra de Cunqueiro sobre os menciñeiros e curandeiros. Hoxe ás 20.30 h. no Gustavo Freire.

SANTIAGO
> Oeste solitario
Obra ambientada en Irlanda, coa dirección de Quico Cadaval. Ten como protagonistas a Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, María Lado e Marcos Correa. Hoxe ás 20.30 h., mañá ás
00.00 h. e domingo ás 18.00 h. no Salón Teatro.

SANTIAGO
> La boda de la pulga y el piojo
Algo inesperado acontece na voda da pulga e o piollo. Para nenos. Mañá ás 18.00 h. e domingo ás 12.30 h. na Arteria Noroeste.

VIGO
> Kafka e a boneca viaxeira
Obra infantil baseada nun libro de Jordi Sierra i Fabra. Domingo ás 18.00 h. no Auditorio Municipal.

OURENSE

> O sapo encantado
Espectáculo de monicreques. Domingo ás 12.00 h. no Auditorio Municipal.

SANTIAGO

> Las noches de Paramount Comedy
Xira da canle de humor, cos monólogos de David Navarro, Paco Calavera e Kaco. Hoxe ás 21.00 h. no Auditorio de Galicia.

FERROL
> La canción del olvido
Zarzuela ambientada en Nápoles e dirixida polo mestre Damunt. Sábado ás 22.30 h. no Teatro
Jofre da cidade departamental.

FERROL
> El dúo de la africana
Zarzuela cómica interpretada polo Teatro Lírico de Barcelona. Domingo ás 19.00 h. no Teatro Jofre.

TEO

> Ultranoite
Teatro de variedades no que a compañía Chévere repasa temas de actualidade como a descomposición do BNG ou as leas da Familia Real, con Miguel de Lira, entre outros. Sábado
a partir das 23.00 h. no Centro Sociocultural da Ramallosa.

FESTAS E OUTROS
LUGO
> Lucus Beer
A degustación de tapas e cervexas centra a oferta do I Salón da Cervexa de Lugo. Ata o domingo no Pazo de Feiras e Congresos.

CAMBRE

> IV Festa da Xuventude
Cunha gran grellada e as actuacións das orquestras Panorama e Bámbola. Sábado a partir das 22.00 h.

NOIA

> XXVIII Rallye de Noia
Mítica proba do campionato de rallyes galego. Hoxe e mañá.

AMES
> V Festa das Tapas do Milladoiro
Degustación de tapas en diferentes bares da localidade, con charangas, latin session, verbena e house session. Toda a fin de semana.

VALGA
> 203 aniversario da Batalla de Casal do Eirigo
Conmemoración desta batalla da Guerra da Independencia, na contorna da capela da Saúde, con recreación da loita. Sábado a partir das 17.00 h.

Comentarios