A especulación no mercado do petróleo


Etiquetas: Francisco Sineiro, petróleo, precios

08/07/2008 - Francisco Sineiro

O petróleo multiplicou o seu prezo por cinco con respecto ao que tiña hai pouco mais de dous anos, sendo ademais probable de que a súa escalada de prezos continúe nos próximos meses.

Esta suba histórica de prezos, que atrae a atención xeral polas súas fondas repercusións na economía, está sendo obxeto de diversas interpretacións e foi un dos debates destacados no Congreso Mundial do Petróleo celebrado hai uns días en Madrid.

Hai quen afirma que a suba de prezos débese fundamentalmente á forte demanda que están facendo os Países de economía emerxente como China e India, que están a aumentar o seu consumo de combustibeis coa elevada mellora da súa economía, sendo ademais unha situación que se está dando  polas mesmas razóns noutros mercados de materias primas como os de diversos minerais e tamén nos productos alimentarios.

A esta causa básica engádese, ademais segundo outros, un compoñente de incerteza sobre a inseguridade nos abastecementos pola inestabilidade política dalgún dos principais productores e da magnitude das reservas existentes.

Tamén hai quen apunta á falta de planificación porque esta nova situación dos mercados non foi adiviñada coa suficiente antelación para a ampliación das instalacións que permitiran poder dispor agora dun maior volume de produción para satisfacer este aumento da demanda.

Pero hai ademais unha opinión cada vez mais xeralizada sobre a existencia dun compoñente especulativo que, alomenos no curto prazo, está empuxando dos prezos. E o curioso é que a esta tesis se está apuntando unha lista ben variada de persoas e institucións tendo en conta a súa procedencia, pois nos últimos meses a teñen apoiado desde coñecidos inversores como George Soros, ata un portavoz da OPEP, que representa aos Países Productores de Petróleo e nos últimos días tamén a ten compartido o noso ministro de Industria.

A especulación ven ser por desgracia un dos males da nosa economía que consiste en facer operacións comerciais ou financeiras coa esperanza de obter beneficios non baseados na xeración de valor, senón nas simples variacións dos prezos. Pois ben, segundo un recente informe mais da metade das operacións teñen un orixe especulativo, ligados na maior parte dos casos a fondos de investimentos que buscan alternativas ao afundimento do mercado bursátil.

Na súa intervención no Congreso Mundial do Petróleo o ministro Miguel Sebastián aseguraba que boa parte do problema estaba nunha débil regulación que facilita a entrada destes investidotes nos mercados de futuros e que había que desincentivar a entrada deses fondos de investimentos. Dacordo, pero a cuestión non consiste en sinalar só o problema, senón traballar activamente a favor de acordos a nivel internacional que permitan frear alomenos boa parte desta especulación.

4'0 (1 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



¿Comentas?

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados.
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada)





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>