Google Earth, a banda sonora do planeta

Google Earth non vai ser simplemente vistas aéreas do planeta, senón que incluirá sons, segundo informa a revista New Scientist. Wild Sanctuary, unha empresa estadounidense, vaise ocupar de recompilar os audios da Terra, máis 3.500 horas de paisaxes sonoras de todo o mundo.

Recollerá o ruído de máis de 15.000 paxaros, miles de arquivos de sons da actividades dos seres humanos. A empresa prevé unha versión experimental o vindeiro 29 de maio, na que incluirían 26 sons.

Freesound é outro proxecto que prentende localizar miles de sons sobre Google Earth, unha aplicación que contén miles de arquivos licenciados baixo Creative Commons.

Comentarios