A Garda Civil cre que O Pibe é o autor material do dobre crime de Burgás


Etiquetas: Garda Civil, Burgás, O Pibe, asasinato, Xermade

22/05/2012 - J.M. Freire / El Progreso (Lugo)

Os investigadores do dobre crime de Burgás cren que Juan José Calaza, O Pibe, foi o autor material da brutal malleira que acabou coa vida de Eulogio Hermida Rodríguez e o seu pai, Víctor Hermida Purriños, a noite do pasado 22 de febreiro. A teoría que baralla a Garda Civil é que os dous vilalbeses presentáronse na vivenda dos Hermida para saldar un asunto relacionado coas drogas e que ao Pibe fóiselle a man a consecuencia da gran cantidade de cocaína que se meteu para armarse de valor.

A Garda Civil desenvolveu a operación que conduciu á detención de Calaza, de 34 anos, e do seu amigo, Brais Lozano Ousa, de 24, o sábado ao detectar que o máis novo ía abandonar Vilalba cara a Eivissa, onde xa tiña un contrato para traballar na tempada de verán na hostalería. A marcha de Brais podería complicar a resolución do caso, por iso é polo que se precipitasen as detencións.

Consiga AQUÍ a información completa

 

4'1 (15 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.




Fotos

Veciños e curiosos achegáronse esta mañá aos xulgados, ante a chegada dun dos acusados polo dobre crime. (J. Vázquez / El Progreso)
Veciños e curiosos achegáronse esta mañá aos xulgados, ante a chegada dun dos acusados polo dobre crime. (J. Vázquez / El Progreso)
A casa de Burgás donde ocorreu o crime (Foto: EP)
A casa de Burgás donde ocorreu o crime (Foto: EP)