Atletismo
O éxito foi individual
23/05/2012 - El Progreso (Lugo)
O Lucus Caixa Rural Galega non puido dar a sorpresa na segunda xornada da Primeira División do campionato de España de clubs femininos e acabou en cuarta posición. Esta segunda proba disputouse na localidade catalá de Mataró.
Información relacionada
O equipo lucense, que contaba coas baixas de algúns atletas, rematou a proba con 134 puntos; 16, 5 menos que o Tenerife Cajacanarias, que foi terceiro e moi afastado dos 166,50 do Laietania Mataró, que foi segundo, e dos 230 do vencedor final, o Unicaja de Xaén.
Unha vez finalizada esta segunda xornada, o Lucus ocupa o decimoterceiro posto e podería desputar o encontro pola permanencia o 2 de xuño en Burgos.
A nivel individual, a participación do Lucus foi máis destacada, comezando polo primeiro posto da veterana Pilar Iglesias nos 5 quilómetros marcha, grazas á súa marca de 25.39.50. A cadete María Abeledo (filial Afflelou Narón) foi bronce na mesma proba cun tempo de 26.46.44.
O outro ouro foi a parar ao pescozo de Patricia Carballo (filial Coruña Comarca), que obtivo o triunfo nos 200 lisos cun crono de 25.25 segundos, o que supón a súa mellor marca persoal e nova marca galega xuvenil.
Paula Ferreiros tamén conseguiu medalla nesta proba ao entrar terceira. A mesma atleta conseguiu outro bronce nos 400 metros lisos.
En salto de altura, o nome destacado foi o da cadete Saleta Fernández (club filial A Gándara de Monforte), que gañou unha prata ao superar os 1,60 metros. Idéntica marca coa que logrou facerse co galego do seu grupo de idade este ano.
En disco foi María Morado (filial Afflelou Narón) a que rematou segunda cun lanzamento de 31,71 metros; mentres que Natalia Liste (filial Afflelou Narón) conseguiu ser segunda en xavelina tras conseguir uns meritorios 34, 12 metros.
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.










