Fútbol sala

A un paso do ceo


Etiquetas: Manzanares, Xullo Delgado, Burela FS

27/05/2012 - El Progreso (Burela)

«Feliz, pero tranquilo». Así acabou Xullo Delgado, adestrador do Burela FS, a eliminatoria que puxo ao seu equipo a dous partidos do ascenso á Primeira División. «Imos xogar tantos partidos como o equipo que máis dispute na categoría e chegamos onde pouca xente esperaba. Xa dixen que había unha praza para catro equipos e que nós a queriamos tanto como calquera. Agora, seremos un dos dous conxuntos que opte ao premio», engadiu o técnico laranxa.

Xullo Delgado tomou as rendas do Burela FS hai pouco máis de catro meses, cando as cousas non pintaban ben. «Foi unha dura proba no terreo persoal, pero a estou gozando como un neno. Adestrara ao Trabada FS, pero quería verme en momentos complicados cun equipo de Segunda División e con xogadores da calidade e experiencia do Burela FS. Creo que me atopei a gusto en todas as situacións posibles e o premio pode ser marabilloso», dixo o técnico, que valora lle euforia que disparou o equipo. «Conseguimos enganchar á xente, a que senta identificada e impórtelle o seu equipo. Era un obxectivo prioritario e conseguímolo en pouco tempo».

 

Consiga AQUÍ a información completa

5'0 (2 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>


Fotos

Julio da instrucciones durante un tiempo muerto. ama
Julio da instrucciones durante un tiempo muerto. ama