O CD Lugo sae vivo de Ipurúa


Etiquetas: CD Lugo, Éibar, ascenso, eliminatoria

26/05/2012 - ADG (Éibar)

(Avance da Edición Impresa)

Información relacionada

Soubo sufrir o CD Lugo para saír vivo do “inferno” de Ipurúa e rendibilizar ao máximo o solitario tanto anotado por Belencoso no partido de ida disputado no Ángel Carro. O Eibar xogou ao límite, abusando do xogo directo para tratar de amedrentar a un conxunto lucense que se defendeu con orde e rigor e que dispuxo incluso dalgunhas boas oportunidades para decidir o envite ao seu favor.

A pesar da súa insistencia, o cadro eibarrés, terceiro clasificado do grupo segundo de Segunda División B, non logrou ver portería nos 96 minutos de que dispuxo para facelo e terminou sendo apeado da fase de ascenso por un conxunto lucense que continúa adiante na súa loita por alcanzar a categoría de prata do fútbol español.

4'9 (33 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.