Os vídeos musicais de EMI serán legais no YouTube

YouTube semella non ter límites. Ó seu record de descargas hai que engadirlle nos últimos meses as frutíferas relacións que está a establecer con empresas de múltiples sectores. A última delas é a discográfica EMI, que confirmou hoxe que traballará con Google no deseño de novos modelos de negocio que permitan ós usuarios incorporar de xeito legal vídeos e actuacións de artistas a través do popular sitio web.

EMI engadiu que empregará as ferramentas de YouTube para rastrear o contido xerado polos usuarios que sexa da súa propiedade e compensar así ós seus artistas ou, no seu caso, solicitar a retirada do material que non cumpra coas leis de propiedade intelectual.

Google xa alcanzou acordos con Warner Music Group, Universal Music Group, Sony BMG Music Entertainment, CBS e a BBC. Deste xeito as catro principais discográficas do mundo son socios oficiais de YouTube, polo que se agarda que rematen as demandas xurdidas dende o proceso de compra realizado o pasado mes de outubro polo buscador.

Comentarios