Lugo está á cola en solicitudes para promocionar empresas de mulleres
15/06/2012 - Francisco García / El Progreso (Lugo)
Lugo foi a provincia galega con menos proxectos presentados o pasado ano ao plan Emega da Xunta, destinado a fomentar as iniciativas empresariais dirixidas por mulleres. En concreto, só houbo tres proxectos lucenses dun total de 83, concentrados a maioría nas provincias de Pontevedra, con 38, e A Coruña, con 29, mentres que en Ourense houbo doce.
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, manifestou onte en Lugo a preocupación do Goberno galego pola notable diferenza entre a participación de mulleres emprendedoras lucenses e das outras provincias, situación que atribuíu «non á falta de iniciativas, senón á posibilidade de que o ano pasado a divulgación dás axudas do plan Emega tivese problemas».
Para evitar que se repita esta situación, López Abella, acompañada pola delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, reuniuse onte en Lugo con representantes das distintas asociacións de mulleres empresarias da provincia para explicarlles como funciona este programa para fomentar as iniciativas femininas.
Segundo explicou posteriormente, en rolda de prensa, a secretaria xeral, este ano o plan Emega dispón dun orzamento de 665.000 euros e introducíronse unha serie de novidades, «produto da adaptación deste plan ás novas circunstancias socioeconómicas», sinalou.
Non podes valorar os teus propios comentarios.
Só podes valorar o comentario unha vez.
Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.
#1 Por cantogasto 15-06-2012 13:27
pero ten gafas a Raquel? Sabedes canto se gasta en salarios brutosde: Raquel e os 8 xefes territorias de Lugo (polo menos 550.000 euros) si si, e ainda faltan a maiores as axudas de custo, etccc. E falta multiplicar polas restantes provincias, etc...
E ben vedes o que fan estes cargos políticos (asinar, viaxar, etc...)
Se xa están os xefes de servizo para firmar e controlar a súa respectiva área.
Están duplicadas as funcións. Alguén sobra. Saen máis baratos os xefes de servizo. Polo tanto eliminemos os xefes territoriais e a delegada.












