Os premios literarios

Datos de interés

  • Viernes 21.11.2008

UN FALAR

Os premios literarios


Etiquetas: Miguel González Garcés, Eduardo Estévez, premios literarios, Un falar, María Xesús Nogueira

Maria Xesús Nogueira .

Ás páxinas de cultura chegou a semana pasada unha nova infrecuente como foi a retirada do Premio de Poesía Miguel González Garcés, convocado pola Deputación da Coruña, ao escritor Eduardo Estévez. Semellante decisión estivo motivada pola impugnación da resolución do xurado por parte do finalista desta edición, Xavier Lama, ao considerar que a obra gañadora incumpría dous puntos das bases da convocatoria. Entendía o demandante que o poemario de Estévez, Construcións, non cumpría a condición de inédito por teren sido publicadas versións previas de varios textos nun blog que o escritor mantivo activo até maio de 2006 e que permitía ao visitante asistir ao proceso de creación dos poemas. Por outra banda, Lama consideraba que o libro gañador incumpría tamén, por este motivo, a esixencia de anonimato estipulada nas bases. A nova, seguida dun fogo cruzado de argumentacións por ambos autores, orixinou un intenso debate no blogomillo no que participaron escritores e outros axentes da cultura galega.

Ao longo destes días discutiuse, con ánimos máis ou menos acendidos, a entidade dun blog en canto texto inédito e criticouse a miúdo a decisión conservadora dun xurado incapaz de entender as novas dinámicas da literatura, afastadas cada vez máis das canles tradicionais de publicación. Da outra banda, púxose en dúbida o anonimato duns textos pendurados, nunha versión máis ou menos embrionaria, para a súa difusión, na rede.

Como acontece as máis das veces, a follaxe dos ataques verbais, xustificacións e demais ocultan o fondo da cuestión, que non é outro que o desaxuste entre determinados espazos da institución literaria (os premios e as súas bases son uns deles) e a nova situación configurada nos últimos anos, na que están a convivir publicacións en forma de libro con outras plataformas que aproveitan os recursos ofrecidos pola rede. A isto cómpre engadir o baleiro legal existente ao respecto, así como a marxinalidade na que se moven moitas destas publicacións en forma de blog ou páxina web. Semellante debate estoura nun momento no que se segue a falar do futuro do libro tal como o concibimos hoxe en día e da potencialidade dos novos soportes.

A decisión do xurado ante a impugnación do premio (dotado con 6.500 euros e a publicación da obra) e as xustificacións dos seus protagonistas principais, Eduardo Estévez e Xavier Lama, non deben entenderse como unha cuestión de bos e malos, senón como unha mostra dun sistema cultural cambiante no relativo ás súas formas de difusión. Logo da tempestade, serán os lectores os que xulguen a calidade dos poemarios, tanto de Construcións como do novo gañador, Cabalos do alén, e deberan ser os axentes do sistema (desde os editores até os críticos) os que axusten as normas e os hábitos vixentes aos novos escenarios.

04/10/2008

0'0 (0 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Buscar + información sobre







Publi


El Progreso
Rúa Ribadeo s/n, Lugo · Tlfno: 982 29 81 00
Grupo El Progreso