Desde Alaska, con agarimo

Datos de interés

  • Viernes 21.11.2008

Desde Alaska, con agarimo


Etiquetas: Sarah Palin, WH08, Rebulir, Varela Zapata

Jesús Varela Zapata.

ESTADOS UNIDOS comprou hai tempo unha enorme parcela de terreo, tres veces máis grande que España, á Rusia zarista. Convertida en Estado da Unión, Alaska saltou inesperadamente á actualidade por mor da designación da súa gobernadora, Sarah Palin, como candidata a vicepresidenta. McCain, desesperado por atopar elementos que fixesen que o electorado se esquecese do seu colega de partido, o impopular Bush, pensou que esta muller pizpireta podería resultar efectiva. Tamén é probable que intentase atraer a aquela parte de votantes que se entusiasmaron coa idea de que outra muller, Hillary Clinton, chegase á Casa Branca.

Pero as diferenzas entre ambas son notables. Clinton é unha persoa de altos voos e gran capacidade intelectual e política. Os oito anos como primeira dama puxérona en contacto cos principais líderes nacionais e internacionais, e ata se atreveu a facer xestión pola súa conta. No canto de dedicarse a facer obras caritativas, como outras consortes, empregouse a fondo para reformar a Seguridade Social, nun intento por estender este servizo a unha parte importante de cidadáns que aínda non teñen acceso a el. Palin, pola contra, nunca foi máis aló da política local; a súa curiosidade polo resto do mundo parecía plenamente satisfeita xa que nin sequera tiña pasaporte.

Agora aspira a vicepresidenta e, se o destino así o quixese, podería chegar a ser a máxima mandataria do país, o que quere dicir o posto político máis importante do planeta terra. Para conseguilo, esforzouse en recalcar que ela non é ningunha intelectual nin ten pretensións de selo. Fai gala de preferir a caza á lectura e sempre enfatiza, como mérito principal, a súa maternidade. Para evitar que os xornalistas descubran as súas lagoas culturais os seus asesores prohiben que se lle fagan preguntas nas roldas de prensa.

No recente debate co candidato demócrata ela levaba ensaiado o papel de muller cuxa principal virtude é a súa desenvoltura: entrou tuteando ao veterano senador Biden e non se cansou de chiscarlle o ollo á cámara. Se chegase ao poder habería que pensar que en lugar de preparación para o posto os electores buscan a alguén que proporcione un bo espectáculo nas pantallas. Podemos preguntarnos que pasaría se esta moda se arraigara en Europa, como xa sucedeu antes con moitas outras como beber coca-cola ou xogar ao baloncesto. Nese caso sería cuestión de pensar en mellorar o show e poderíamos sustituir os longos e custosos procesos electorais polo concurso de Gran Hermano, de xeito que, mentres nos entretemos vendo no televisor como os mozos se fan arrumacos, aproveitaríamos para elixir ao próximo inquilino da Moncloa. Teríamos mellores presidentes que os mismísimos americanos de xeito que eles, que conquistaron o espazo e inventaron a informática e a biomedicina, veríanse obrigados a copiarnos.

05/10/2008

4'0 (1 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Buscar + información sobre






Publi


El Progreso
Rúa Ribadeo s/n, Lugo · Tlfno: 982 29 81 00
Grupo El Progreso