VÍA ORAL

Un peixe para non cociñar?


Etiquetas: Vía Oral, Jaureguizar, peixe

23/06/2012 - Jaureguizar / El Progreso (Lugo)

AVA GARDNER desespera nunha escea da película ‘A noite da iguana’. A pesar de que o seu hotel na costa de México está pechado por vacacións non renuncia a atender unha excursión de vellos estadounidenses. A súa personaxe entra na cociña para asegurarse de que o xantar está en preparación. Sorpréndese ao atopar o cociñeiro, un chinés setentón, deitado nunha chaise longue fumando marihuana. Están no lecer, polo que traballar non entra nas súas previsións. Ava desespera porque hai unha vintena de comensais axeixando.

Todos asumen que están nun espazo na que a sensualidade está sometida a unha lexislación máis laxa ca en Estados Unidos, pero, faise improbable que calquera deles acepte comer un peixe especiado dese xeito tan esaxerado que caracteriza os mexicanos.Logo botan canela, lima, comino, cilantro, ourago,... e o que lles cadre dediante. Nunca deixo de preguntarme para que varían as bases das elaboracións porque acaban cubríndoas cunha capa de sabores que incendian calquer padal.

Regresando á escea de ‘A noite da iguana’, con Ava fóra dos goznes na cociña e o seu empregado relaxado con alevosía, vemos a Deborah Kerr facendo de pintora de mediana idade. Entra na cociña interesándose pola debacle. Ava Gardner coméntalle que ten un peixe recén pescado, pero o encargado de preparalo está dando unha volta polo Nirvana. «Por que non o coce?», suxire a personaxe de Kerr. A artista ten que xenerar retratos improvisados para manterse, polo que a súa suxestión é unha mostra do talento para o arestora.

A personaxe de Ava Gardner comparte procedencia protestante, pero a súa cosmovisión é ben outra, máis entregada ao pracer. Na mesma escea, mentres bota toros de peixe nunha pota alta, comenta coa pintora que Fred, a quen amaba densamente, «morreu hai tres ou catro semanas», ofrecendo unha idea do seu concepto dilatado do tempo.

A cociña galega foi tradicionalmente luterana no senso de que se inclinou pola elaboración mínima dos alimentos, case que tratándoos despectivamente. Contando coa materia prima da calidade coa que contamos, iso pode ser sabedoría de non estragar ou desprezo. Os nosos cociñeiros máis novos tratan de alterar o pescado na mínima proporción. Parecería que negasen a súa condición de transformadores dun animal nun manancial de pracer, pero no fondo hai un inmenso respecto.

1'0 (1 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html


Fotos

Huachinango á veracruzana. (Foto: AEP)
Huachinango á veracruzana. (Foto: AEP)