Marful pecha a Xira Surreal cun concerto en Granxa Maruxa de Monterroso


Etiquetas: Monterroso, Granxa Maruxa, concerto, Xira Surreal, Marful

23/06/2012 - Pilar G. Cheda / El Progreso (Monterroso)

O grupo Marful pechará a súa Xira Surreal o día 1 de xullo en Monterroso. Será na carballeira da Granxa Maruxa, onde ofrecerá un concerto íntimo, próximo ao público e acorde coa contorna.

A propietaria da granxa, Marta Álvarez, teno claro: «A crise é de ideas e eu sigo apostando por facer unha arte distinta». Nesta ocasión atopou aos aliados perfectos, o grupo Marful, que se embarcou no outono nunha xira por lugares singulares co obxectivo de experimentar fóra das salas habituais, en escenarios que achegasen un valor engadido á súa música.

A Xira Surreal levou a Marful ao mosteiro de Carboeiro, á primeira fábrica de conservas da Illa de Arousa, ao castelo de Sobroso, á Casa dos Poetas de Celanova, ao Museo do Mar de Vigo ou á fábrica de cerámica de Sargadelos. Os dous últimos concertos serán en Allariz, o día 30 deste mes, e en Monterroso, o día 1. A carballeira da Granxa Maruxa será o primeiro espazo ao aire libre. O guitarrista Marcos Teira móstrase ilusionado por este detalle. «Será unha nova experiencia, entre carballos, pero moi cerca da xente, que queremos que teña moita participación».

Consiga AQUÍ a información completa

3'7 (6 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.



¿Comentas?

Borraranse os comentarios que conteñan insultos e/ou contidos inadecuados.
Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

Podes comentar sen ter que crear un usuario, pero é recomendable se queres acceder a todas as funcionalidades dos comentarios (votacións, karma, foto personalizada...)





captcha

Cambiar por outro


Un pouco de HTML está ben
Podes usar algunhas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>


Fotos

Gato, Álvarez e Teira amosan o cartel anunciador. (Foto: Sebas Senande)
Gato, Álvarez e Teira amosan o cartel anunciador. (Foto: Sebas Senande)