O catalán gaña espazo na USC catro décadas despois de chegar ás aulas
23/06/2012 - X.A.R / AGN
A Universidade de Santiago de Compostela comezou a falar catalán na facultade de Filoloxía hai algo máis de corenta anos, nos que pouco a pouco a lingua foi gañando espazos e, con eles, estudantes. As materias estreadas no 1970 están consolidadas hoxe como un módulo optativo de lingua e cultura, e poderían ampliarse en breve para converterse en estudos con título propio, un minor. Pero xa non son as únicas nas que se escoita catalán. Emprégase tamén no Centro de Linguas Modernas da universidade e nos exames para obter o certificado oficial do Institut Ramon Llull, que ten na USC o seu único centro examinador en Galicia e dos poucos de España.
Información relacionada
Á fronte de todo está a Área de Catalán da universidade, con dúas profesoras que constatan o interese dos galegos por achegarse ao idioma para "ampliar o abano de oferta laboral" ou estudos, e ás veces tamén por "curiosidade intelectual". "Para ver qué pasa con esta lingua que é cooficial coma o galego e ten unha historia semellante, pero está mellor codificada e valorada", explica Dolors Perarnau, unha das docentes.
O interese converteuse este ano en lista de espera para os cursos do Centro de Linguas, un por cuadrimestre e con 20 prazas. As aulas que cando se abriron hai un lustro só cubrían a metade da matrícula quedan agora pequenas, en parte porque desde a implantación dos graos --cos que desaparecen as materias de libre configuración-- son as únicas nas que poden estudar catalán os alumnos de carreiras que non son de Filoloxía.
A oferta do centro complétase cun curso intensivo de verán e con outro deseñado para preparar as probas do Ramon Llull, que se ampliará a dous cuadrimestres. É que "cada vez hai máis xente" nos exames, porque gañaron difusión e tamén se inscriben persoas doutras comunidades. Ás últimas probas --en maio-- presentáronse máis de trinta alumnos, que queren o certificado para "oposicións, traslados, para estudar un posgrao ou dar entidade á súa aprendizaxe", como explica Perarnau.
Mentres esas aulas se enchen, a Área de Catalán aspira a amplialas en Filoloxía o vindeiro curso ou no 2013 para impartir un minor, similar a un primeiro ciclo que poderían cursar os estudantes dos graos de linguas para engadir "un plus" ao seu título. Pero a facultade tamén leva o catalán máis aló das clases, con ciclos de cinema ou intercambios lingüísticos. O programa Parellaes fai cada ano parellas de galegos e cataláns, unha experiencia que --din-- ensina cultura allea e tamén da propia.
valorar_propios
valorar_valorado
#55 Por nostrus 26-06-2012 22:43
#52 Por leukospyrgos 21:38
Tamen penso que o galego é unha lingoa innecesaria, e inda sendo INNECESARIA é a lingoa que uso coa miña muller, miña mai, meu fillo, meus amigos ctr, e supon o mellor canle de comunicacion de moita xente. E polo ben desa xente estou dacordo que sexa lingoa oficial.Son galegofalante dende sempre e non como moitos dos que aqui forean que son neoconversos que renegan da sua lingoa propia por cuestion de moda.
#54 Por nostrus 26-06-2012 22:38
#52 Por leukospyrgos 21:38
Sigo pensando que considerar al gallego como lengua de obligado conocimiento es tan absurdo como considerarlo con el dominio de la gaita. El gallego es para que lo use el que quiera y no tengo ningún interés en que lo use el que no quiera. ¿Te gustaría que te obligaran a comprender el catalán?, a mi no.
#53 Por nostrus 26-06-2012 22:33
#52 Por leukospyrgos 21:38
Si yo solamente pretendo que los gallegohablantes hablen en su lengua si quieren y que los castellanohablantes hagan lo mismo, pero al parecer, esa es causa de excomunión por gallegofobia. Quisiera que me dijeras de las ventajas que tendríamos por considerar al gallego como obligatorio. Quisiera que mencionaras tambien los inconvenientes.
#52 Por leukospyrgos 26-06-2012 21:38
Hai que cho explicar todo macho, nin falei de obrigatoriedade nin desobrigatoriedade, soamente busquei facerte ver as contradicións nas que cas coas túas opinións e reviravoltas pra xustificar certas cousas que, vistas desde unha perspectiva heterodoxa, rascan un pouco. E si home, comparar unha lingua, e todo o que iso conleva no marco xurídico con tocar un instrumento musical é unha comparación propia dun premio nóbel. Xa o feito de facer continuas comparacións demostra moito o nivel...
#51 Por nostrus 26-06-2012 15:09
#49 Por leukospyrgos 13:58
Vendo esta xentiña cada vez mais antinacionalista me fago e mais representará cada dia todo aquelo contra o que loito. Insolidarios, eternos descontentos e sufridores, cada vez danme menos mágoa. Son capaces de mancarse si con elo consiguen ferir. Nacionalismos NOOON e nacionalismos antiespañoles menos.
#50 Por nostrus 26-06-2012 15:00
#49 Por leukospyrgos 13:58
Pois nada, que tododios teña que saber o galego para presumir de nacion. Que non, que o galego é para quen queira e si non che gusta asi comenzamos o berrinche. Vos si que dicides parvadas e líbrenos Deus que teñades poder porque moito habería que tragarvos. Pero non entendo porque queredes que o galego sexa obrigatorio e non o sexa bailar a muiñeira. Veña, a rezarlle ao galego.
#49 Por leukospyrgos 26-06-2012 13:58
As pamplinas que hai que escribir pra xustificar as túas contradicións.... empregando as túas propias palabras e argumentos, "el castellano nunca fue lengua común de todos los españoles porque no todos los ciudadanos la tienen como propia ni la entienden perfectamente y menos en el momento en que decidimos darnos este ordenamiento ya que la realidad social lingüística era la que era. Las naciones no conocen lenguas, las conocen los ciudadanos y blablabla... e aprende a ler e non me inventes cousas que non dixen.
#47 Por nostrus 26-06-2012 09:31
#45 Por leukospyrgos 04:04
Y si elegimos esa oficialidad lingüística fue por el bien de las personas para que puedan expresarse en la lengua que prefieran atendiendo a su realidad social y no por motivos emocionales como pretendeis los nacionalistas. Fijate en los paises de nuestro entorno y dime si respetan tanto como nosotros que la gente se exprese en su lengua propia todo lo que sea posible. En Francia, por ejemplo, existen mas lenguas que en España y SOLO es oficial el FRANCES. Los idiomas son instrumentos al servicio de las personas y no al reves en que la gente sea esclava de las lenguas, banderas, símbolos, religiones, ctr.
#46 Por nostrus 26-06-2012 09:21
#44 Por leukospyrgos 03:59
El castellano es lengua comun de todos los españoles en cuanto a comprenderla, pero en cuanto a expresarse en ella no no es la propia de todos porque existe una minoria que su lengua propia es otra. Por eso elegimos como oficial para toda la nacion la que conoce toda la nacion, porque hacerlo de otro modo sería un insulto a la inteligencia. Ademas tambien admitimos como oficiales otras lenguas que en ciertos territorios son una realidad lingüística social. Esa es la oficialidad lingüística que elegimos entre todos dando ejemplo de tolerancia . Tu si que eres el cansino porque solo sabes alegar que le tengo odio al gallego y patatin patatan.
#45 Por leukospyrgos 26-06-2012 04:04
Por outra banda, a CA galega ten competencias en materia lingüística, unhas competencias que ten que desenvolver como todo o ordenamento xurídico conforme a Constitución e xa postos os tratados internacionais e principios do dereito. A realidade lingüística hai 30 anos era a que era (unha grandísima maioría de falantes de galego cunha baixa estima pola lingua do país). Pola contra noutros estados hai realidades lingüísticas parecidas ou non, xa che din exemplos, con solucións diferentes, en todo caso, es un cansino que sempre acabas falando da obrigatoriedade das linguas e o choco crock.
#44 Por leukospyrgos 26-06-2012 03:59
Pero a ver nostrus, tu defendes sempre que o galego non é a lingua propia e común de todos os galegos, que aquí se falan moitas linguas, que estas son das persoas e non dos países ou pobos, que o da lingua propia "é un xeito fascista de meterlle os ollos a xente, xa que a lingoa das personas é a que prefieren para expresarse e non a que algún iluminado lle diga cal é", e pola contra defendes o contrario, que o español é a lingua de todos (con dos co...), aínda que haxa un 20%-30% que non a ten como materna, e haxa millóns de cidadáns que non a ven como lingua común nin se identifiquen con ela... ou estamos ou non.
#42 Por nostrus 26-06-2012 00:00
#40 Por leukospyrgos 18:55
Esa es la diferencia, yo actúo poniendo por delante la razón mientras que tú lo haces basándote en tus sentimientos. En una democracia la oficialidad lingúistica se hace basándose en la realidad social y no en el origen de las lenguas. No creo que estuvieras a favor de que el latin fuese la lengua obligatoria de Galicia por el hecho de que fuese mas antigua y padre del gallego.
#41 Por nostrus 25-06-2012 23:49
O idioma mais axeitado para ter como comun entre todos os españoles é o español, pero non o digo por gusto personal, digoo porque é a lingoa común de todos. Si a lingoa común fose o catalán estaría dacordo en que fose o catalán, pero o certo é que é o castelán a lingoa común, esa é a diferencia. Por outra banda direiche que os galegos non somos quen de elexir a oficialidade lingüistica, nin a monetaria, nin a poñer a hora oficial; non poñas aos galegos como centro do Universo. Sego pensando que esixir o coñecemento do galego por ser galego é tan esaxerado como esixir saber tocar a gaita. E non considero esaxerada a obriga de que todos os españoles deban comprender o castelan.
#40 Por leukospyrgos 25-06-2012 18:55
Non entendo algo, aínda que os galegos decidisemos aprobar un estatuto ou unha cons cunha obriga de coñecer outras linguas, tu estarías en contra porque sería inxusto, mentras que coñecer o español sería sempre xusto. Non cres, que es un cansino que sempre acabas indo ao mesmo e que o teu razonamento basease nun gusto persoal (prexuizo?) polo español (o cal é xusto e sempre xustificable, aínda con contradiccións), e nun "gusto menor" polo galego (o cal no caso hipotético dunha reforma normativa sería inxusto sempre, aínda reunindo as mesmas condicións que o castellano). Suxíroche que na vida vaias vivir a Bélxica, iso si, se podes visitaa e viaxa máis.
#38 Por nostrus2 25-06-2012 15:23
Resumindo si non fora polas imposición dun estado espanhol inventado e dunha lingua castela que non é a propia de aqui, e tamén imposta, agora non se estaria a discutir isto. Que moitos de vos asumades o discurso espanholista non quere dicir que sexa o correcto.
#37 Por nostrus2 25-06-2012 15:12
Nostrus esta ben que recoñezas que o estado espanhol e un invento, e por tanto foi imposto polas armas, e salvaguardado por un exercito, e por iso a lingua castela foi imposta aqui, senon fora por iso non se falaria castelan nesta terra. Xa que o castelan foi imposto por leis que foron feitas sin consultar o pobo.
#36 Por nostrus 25-06-2012 15:00
#34 Por Noroeste 14:32
"¿Por qué uno es imponible y el otro no?". Muy sencillo, el castellano es de obligado conocimiento porque asi lo quisimos los españoles en el año 1978 basándonos en una realidad lingúistica social, a la vez que reconocimos como oficiales otras lenguas que no lo eran. Poner como obligatorio el gallego es una imposicion innecesaria del mismo tamaño que si pusieramos obligatorio saber tocar la gaita o saber el catecismo, no responde a una realidad lingüistica social porque no lo comprenden todos los españoles.












