Unha lucense, a xuízo en Almería por apuñalar á noiva da súa exparella


Etiquetas: apuñalamento, agresión, Lugo, Almería, tribunais

29/06/2012 - Agencias (Almería)

Unha muller de 46 anos e natural de Lugo, M.I.V.N., enfróntase a unha pena de nove anos e seis meses de prisión por intentar asasinar cun coitelo de cociña á compañeira sentimental da súa exparella ante a sospeita de que querían quitarlle a custodia da filla menor de idade que ambos teñen en común. Fíxoo, supostamente, desde o asento traseiro do vehículo no que se atopaban os tres.

No xuízo, a muller declarou que se meteu no coche cando a parella saía do centro de acollida onde estaba a pequena. Engadiu que só pretendía asustalos e que a vítima recibiu catro coiteladas «porque se moveu». Onte, cando a defensa expuña as súas conclusións, o presidente do Tribunal advertiu que M.I.V.N. estaba a sufrir un desmaio, polo que tivo que ser evacuada nunha ambulancia non medicalizada ata un centro sanitario.

0'0 (0 votos)

Para valorar comentarios debes estar rexistrado.


Acceder Crear usuario

Non podes valorar os teus propios comentarios.



Só podes valorar o comentario unha vez.