A Deputación inicia un percorrido por 50 anos de Lugo da man de Ben-Cho-Shey
28/06/2012 - El Progreso (Lugo)
(AVANCE DE LA EDICIÓN IMPRESA)
Información relacionada
A Deputación de Lugo comezou este xoves oficialmente os actos do ano Ben-Cho-Shey. Con el dáse "inicio a un percorrido cultural por 50 anos lucenses da man desta figura", segundo explicou o delegado de Cultura da Deputación, Mario Outeiro.
Xosé Ramón Fernández-Oxea, que dende moi novo firmou as súas creacións como Ben-Cho-Shey, foi "pedagogo, inspector de ensino, narrador, lingüista, político, xornalista, republicano antifascista, membro do Partido Galeguista, figura ponte entre Nós e as xeracións posteriores do galeguismo, defensor da fala galega sempre, pero nomeadamente na longa noite de pedra, mestre nas aulas e na vida", como o describiu Xoán Ramiro Cuba, o coordinador das actividades que queren divulgar a trascendencia deste persoeiro, nado en Ourense pero moi ligado a Lugo. Nesta cidade estaba o polígrafo ourensán cando comezou a Guerra Civil.










